Saltar ao contido principal

Publicacións

Intensa Boloña, bela e vermella

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/08/26/nordesia.pdf







No último domingo de agosto de 2018, o meu artigo do suplemento do DF, Nordesía, versou sobre a bonita e interesantísima Boloña. Acho que é  unha cidade moi recomendábel, desde moitos puntos de vista. Aquí volo deixo.






Publicacións recentes

James Rhodes e o Día das Letras Galegas

"De carbón y nieve", útima achega narrativa de Eduardo Fra

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/08/12/nordesia.pdf





No domingo 12 de agosto, no suplemento Nordesía do DF, tiven ocasión de poder falar acerca da última proposta narrativa de Eduardo Fra Molinero. O artigo fai un percurso xeral acerca da obra deste ferrolán de adopción mais berciano de nación. Excusatio non petita, accusatio manifesta, son consciente, pero é verdade que acaso só unha terceira parte do texto é que se ocupa e centra na citada novela. En calquera caso, unha delicia poder falar acerca deste versátil escritor e bon amigo. Moitos parabéns! 



"Tripas", último poemario de Alberte Momán

A singularidade poética de Alberte Momán comeza polo seu apelido e acaba, sen ningunha dúbida, alí onde termina o último dos versos escritos.Poeta poliédrico, dono dun constructo poético poderoso, fala da fugacidade do tempo, sobre a exploración dos límites, sobre a imposibilidade do amor, e delatando toda a súa escrita a presenza inequívoca do oxímoro. 

"Lapis na noite" para evitar a desmemoria

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/07/02/nordesia.pdf



"Lapis na noite para evitar a desmemoria" foi o título do artigo escrito no domingo 1 de xullo no Nordesía. Ramón Nicolás adéntranos a través da súa novela nese mundo represivo e opresivo nacido á calor da ditadura cívico-militar arxentina comezada con Videla. Un exiliado do franquismo e, principalmente, a súa filla serán os catalizadores da insania. Parabéns para Ramón Nicolás, que nos ofrece unha conmovedora e fantástica narración ben acaída aos tempos de desmemoria en que vivimos.

Vulgar area nada máis

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/06/18/nordesia-17-06-18.pdf





A guerra pola auga xa está aquí. Trátase do primeiro dos recursos naturais máis demandados. Mais é que a area ocupa o segundo dos recursos naturais máis explotados. Todo canto envolve este proceso falámolo neste artigo. E é que a extracción masiva e insustentábel de area está non só a modificar o espazo físico, senón a contribuír á mudanza climática.

Conxugando o verbo xogar

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/06/04/nordesia-03-06-18.pdf





Na sección "Termar do leme" do suplemento Nordesía, do DF, do 3 de xuño quixen facer un pequeno tributo aos xogos populares... e algo máis.