Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

"Nos vemos allá arriba"/"Au revoir là-haut", de Pierre Lemaitre

Capa da novela "Nos vemos allá arriba" Excelente e descarnado relato que arranca nos últimos días da Grande Guerra, en novembro de 1918. Está a punto de ser declarado o armisticio, pero o tenente d'Aulnay-Pradelle dá a orde de ataque, co fin de ser tomada a cota 113. Previamente, elixirá a Louis Thérieux e a Gaston Grisonnier, un rapaz e un vello, para unha misión de recoñecemento. Ambos serán mortos. Os seguintes en ser mandados haberán de ser Albert Maillard e Édouard Péricourt. Están en perigo, pois este será ferido e aquel caerá dentro do cráter dun obús, que é moi profundo. Ficará enterrado logo de que outra bomba rebente a pouca distancia e estea así a punto de morrer sepultado. Édouard Péricourt, porén, conseguirá desenterralo antes que morra asfixiado. Este, con todo, caerá gravemente ferido ao estoupar un obús a pouca distancia, o cal lle levará parte da cara. Albert Maillard, unha vez recobrou a respiración e o sentido, arrastrou o seu salvador até a trinc

Miguel Sousa Tavares e o seu "Equador"

Capa do romance "Equador" 1.- ARGUMENTO : Luís Bernardo Valença pertence à alta burguesia lisboeta. Seu pai deixa-lhe em herança a posição de sócio principal de uma companhia de navios que fazem diferentes rotas comerciais. Estamos a falar da Companhia Insular de Navegação, encarregada de transportar cargas e passageiros entre a ilha da Madeira, as Canárias, o arquipélago dos Açores e o Cabo Verde. A vida do homem é regalada, despreocupada, entregue ele às reuniões e tertúlias com pessoas da boa sociedade lisboeta. Goza da amizade, por exemplo, de Bernardo de Pindela, conde de Arnoso, o qual faz parte do grupo de “Os Sobreviventes”, justamente em oposição ao de “Os Vencidos da Vida”, de que participava no seu momento Eça de Queiroz. Essa vida nocturna lisboeta de que o Basílio tanto se queixava (falamos do do seu romance O primo Basílio ) por falta de locais onde poder desfrutar, e que nestes se tornava todo o contrário, dispostos a extrair daquela vida capitalina

No centenario do nacemento de Hildegart

Cartaz anunciando o congreso Con motivo do centenario do nacemento de Hildegart Rodríguez Carballeira, celebrouse entre o 5 e o 7 deste mes de decembro un congreso sobre a súa figura no Ateneo Ferrolán. O rehabilitado edificio, en cuxo salón de actos se contou coa participación dos máis diversos expertos e expertas na materia, acolleu (e aínda acolle) unha interesante exposición con paneis explicativos e diversas publicacións ao respecto. Paralelamente a este, houbo actos na Coruña e tamén en Madrid, auspiciados polo citado ateneo de Ferrol.  Hildegart Rodríguez Carballeira, filla da filicida Aurora Rodríguez Carballeira, foi triste actualidade polo seu tráxico asasinato acontecido o 9 de decembro de 1933. Súa mai, Aurora, que xulgara que o seu proxecto euxenésico e perfecto, Hildegart, saíra errado, mátaa a sangue frío de madrugada entrementres durmía. Hildegart fora infeliz noticia naquela altura por causa de tan brutal asasinato, e da loucura ou non dunha iluminada, súa mai

"Os desherdados" no club de lectura do Sofía Casanova

O pasado 25 de novembro tivemos o inmenso pracer de participar no Club de lectura de Adultos do IES Sofía Casanova de Ferrol. De antemán xa, dicir que foi para min un acto emotivo e tremendamente gratificante poder charlar da miña obra de maneira tan distendida. Os lectores, verdadeiros entregados á causa, fixeron unha análise de novela exhaustivísima, tanto que mesmo me deixaron atónito por tamaño partido como lle foron tirando. A profesora e amiga, Pilar Berrio, actuou de presentadora da actividade, glosando aspectos de carácter biográfico, pero que, para a nosa sorpresa, se estenderon até límites insospeitados cun power point en que con total pormenor fixo unha localización xeográfica da novela, un estudo psicolóxico dos personaxes, así como do estilo e da lingua, explicación do título, temas, estrutura, etc. [Con este propósito, deixo aquí ligazón:  http://lecturasnosofia.blogspot.com.es/2014/11/encontro-con-henrique-dacosto-un.html ] A escrupulosidade posta na inter

"A esmorga" foi e será unha festa

Baixo o título de "Esperando a estrea d' A esmorga : unha novela cinematográfica", presentábase o pasado 10 de novembro en Sargadelos-Ferrol, o filme homónimo do director Ignacio Vilar. No acto público celebrado a tal propósito participamos —nunha pequena exposición e posterior coloquio—, convidado pola Asociación Medulio. (Debemos apuntar que a sala estaba ateigada, mesmo facéndose insuficientes as cadeiras para poder sentar a tanta xente.) Así pois, e en tan expectante acto, tivemos o pracer de compartir táboa redonda, á parte de co citado director de cinema Ignacio Vilar ( Pradolongo , Vilamor ...), tamén co escritor e último premio Blanco Amor de Novela, Jorge Llorca, ademais de co profesor, crítico e ensaísta Manuel Rei Romeu. Tratábase da análise e presentación, previa ao visionado oficial, que había de ter lugar o venres 14 de novembro. Claro está que os contertulios contabamos coa vantaxe de tela visto antes, se ben en pantalla pequena, por necesitarmos

Toponimia de Canido

Aspecto da capa e contracapa de Toponimia de Canido O pasado día 24 do mes en curso, Fernando Cabeza Quiles, un dos máis reputados expertos en toponimia do noso país, deu unha interesante conferencia no IES Canido de Ferrol. Dita conferencia enmarcouse dentro das actividades que a Asociación Sociocultural Muíño do Vento, agrupación moi activa do barrio, e o propio instituto de Canido, están a levar a cabo con motivo de tentar recuperar, fixar e estudar a súa toponimia. O día 28 fíxose a presentación pública do libriño Toponimia de Canido , resultado desta proposta tan interesante e atractiva que alumnado de 1º da ESO realizou durante o curso 2013-2014, coa colaboración de profesorado —Carmen Cuesta García e Arturo Cribeiro Bouzamayor—, de veciños —especialmente José María González Dopico—, e do ilustrador Miguel Anxo Romero López. A inmensa sabedoría e didactictismo achegados polo conferenciante, testemuñados nos seus tres libros principais, Os nomes de lugar , Os nomes da ter

A propósito d'A praia dos afogados

Primeira edición da novela Na gabeta en que repousan tantas prosas atrasadas, esas en que a nosa actividade académica se vai tamén centrando, quer con maior, quer con menor interese segundo os casos, vanse amontoando resmas de papeis ás que por veces vemos acharlles a posibilidade de poder dar unha segunda vida. Estamos a falar de reflexións sobre lecturas, de rascuños ou estudos máis ou menos pormenorizados acerca de libros que fomos lendo e que xa non son novidade, mais que merecen toda a nosa consideración, tal é o caso do que a seguir trataremos. E estámonos a referir, nada menos!, que á exitosa  A praia dos afogados , de Domingo Villar. Á parte de se tratar dunha narración moi ben levada —abordarémola logo con máis detalle—, é talvez a novela negra máis importante que ten dado a literatura galega até este momento. Non en van, o forte carácter cinematográfico que nela latexa, logrou cativar o interese de Gerardo Herrero, director do filme do mesmo nome que está a pun