Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Sargadelos: crónica dunha morte anunciada

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/sargadelos-cronica-dunha-morte-anunciada/20161228213256176104.html A infeliz nova de que a Galería Sargadelos de Ferrol está a punto de fechar supón unha perda irreparábel para a cidade. Do punto de vista cultural, supuxo todo un revulsivo desde que comezou a súa actividade, hai hoxe vinte e seis anos. É por iso que no Diario de Ferrol nos quixemos facer eco desta desoladora noticia, pois facemos parte, nunha certa medida, desa historia. Vaia por diante a nosa solidariedade con todos os traballadores, e oxalá houbese maneira de reverter esta situación.

SICIXIA OU DA TRAXEDIA DA BUSERANA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/sicixia-da-traxedia-da-buserana/20161214233641174963.html A audacia é quizá unha das maiores virtudes que caractericen a Ignacio Vilar. Unha vez máis, e tras a inmortal A esmorga , demóstranos a súa capacidade para nos asombrar, quer polo relato en si, quer polas soberbias actuacións e dirección, quer pola súa técnica. Conxúganse neste filme elementos que nolo aproximan do docudrama a través da inserción de pequenas filmacións sobre a vida e costumes na Costa da Morte. O formato documental é un enorme envoltorio dentro do que transcorre a historia narrada en sentido máis estrito. A paixón amorosa entre Xiao e Olalla é esa narración medular que apunta a traxedia desde o inicio. Historia que, grazas ao traballo de Xiao como técnico de son que está a gravar na Costa da Morte, nos introduce antropoloxicamente nela (rapa das bestas, mariñeiros, mariscadoras, lendas, palilleiras...) e que vai conformando o relato dun filme tan b

NO CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/no-centenario-das-irmandades-da-fala/20161130232617173639.html asistentes á IV asemblea das Irmandades (Monforte, 1922) As Irmandades supuxeron o revulsivo que serviu para catapultar as iniciativas principais que deron pulo ao noso ser nacional. Quer do punto de vista político, quer cultural, en que a literatura ocupará un posto destacado, o proceso de normalización do noso país tomou corpo con elas. Eis, xa que logo, unha pequena achega ao que foron as Irmandades da Fala, facendo un percurso a través dos seus feitos.  capa da revista "Nós"

Mudan o tempos e as vontades

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/mudan-tempos-vontades/20161116220112172151.html Aonde é que desejamos encaminhar o futuro da nossa língua? A prestigiá-la através da entrada da Galiza na CPLP (Comunidade de Países de Língua Portuguesa), a vermos contida a língua galega dentro da portuguesa e vice-versa, a acedermos ao estudo do português como segunda língua estrangeira no currículo escolar, a servirmos de ponte económica com o mundo da lusofonia... Tudo isso em DF, no artigo do dia 17 de novembro. Guiné Equatorial, país membro da CPLP presidente e ditador da Guiné Equatorial

Eloxio do inútil

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/eloxio-do-inutil/20161103002840170729.html No Diario de Ferrol do 3 de novembro de 2016 publicabamos este artigo en que tentabamos facer unha reflexión acerca do que significa que algo sexa pragmático ou non. Xulgar as  cousas,   dunha ou doutra maneira, ora tanxíbeis ora intanxíbeis, útiles nun momento ou, pola contra, sernos inútiles noutro, pode ter que ver con diversos factores: diacrónicos, sociais, políticos, subxectivos, etc. 

Illas de plástico

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/illas-plastico/20161020002121169317.html As illas de plástico xa son unha realidade por varios dos nosos océanos. Veñen mostrar, unha vez máis, o fracaso da nosa sociedade a efectos medioambientais.  Publicado o 20 de outubro,  iso  é do que vén tratar este artigo, alén  doutros asuntos concatenados.

O inquietante mundo que nos espera

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/inquietante-mundo-nos-espera/20161005204626167915.html No pasado 6 de outubro, no DF, publicabamos o artigo "O inquietante mundo que nos espera". Falabamos acerca do que está a acontecer á economía ao noso redor, a ese aspecto da globalización que quere ser dominado polo TTIP e polos chineses... e algo máis.

Maneiras de facer contas coa historia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/maneiras-facer-contas-coa-historia/20160921234927166652.html Brunhilde Pomsel Adolf Hitler coa familia Goebbels O 22 de setembro, no Diario de Ferrol, publiquei "Maneiras de facer contas coa historia". Nazismo e fascismo franquista postos fronte a fronte, vistos desde hoxe en día e a xulgar polos exemplos que a historia máis actual, a que aínda estamos a construír, nos vai dando. Xeneral Franco

Ai, Sálvora...!

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ai-salvora/20160907221053165298.html antiga fábrica de salga e estatua da serea dos Mariños O 8 de setembro publicabamos este artigo no DF a raíz dunha excursión realizada á illa de Sálvora. Un ben interesante periplo, contemplado dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e que lles recomendo vivamente. A illa, de pequenas dimensións, garda moito encanto. O remedo de pazo que existe fronte ao peirao por onde se desembarca, a aldea abandonada, a fonte, o faro, a paisaxe en xeral... todo goza dun grande atractivo, alén da navegación entre bateas, ben curiosa, acompañada de golfiños.  A quen poida interesar,  aquí lles deixo con este artigo.    bateas na ría de Arousa hórreos na aldea de Sálvora antiga taberna convertida en capela lavadoiro vello tractor enferruxando panorámica xeral: fábrica de salga (pazo), taberna (capela) e serea

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Ramón Nicolás: novelista con oficio

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ramon-nicolas-novelista-oficio/20160811005159162721.html No pasaso 11 de agosto publicabamos este artigo no Diario de Ferrol. A chegada ao mundo da narrativa longa dunha persoa que leva traballando en prol da literatura galega desde hai vinte e cinco anos, mais desde o campo da crítica literaria, non deixa de ser   un feito ben singular. Ramón Nicolás preséntanos con valentía esta novela que non nos ha de deixar indiferentes e que o animará, xulgamos, a transitar con máis frecuencia nestoutro lado da literatura: o da creación. 

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html Novoa Santos por Maside No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban. Debuxo de Bello Piñeiro para o orixinal "A Santa Compaña", de Novoa Santos

PEDRAIO: SORTE DE TRANSUBSTANCIACIÓN ILUSTRADA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/enrique-dacosta/pedraio-sorte-transubstanciacion-ilustrada/20160714004335160183.html Pedraio e Risco (sentados no centro) con membros do SEG (1928) Sempre é un pracer poder regresar a Don Ramón. O de Trasalba, co seu estilo inconfundíbel, sorpréndenos máis unha vez. Agora, unha vez lidos O mesón dos ermos (1936), a última narración de antes da Guerra, e Las palmas del convento (1941), a primeira novela da posguerra. O seu inmenso caudal léxico, o xogo fértil de metáforas e símiles, a capacidade relacional, o seu profundísimo saber histórico, prenden no lector de maneira poderosa. Ándanse camiños trillados e outros non tanto; mais, en calquera caso, continúa a ser Ramón Otero Pedraio, un dos grandes da nosa literatura contemporánea. Eis o artigo deste día 14 de xullo de 2016. 

Da orfandade europea e outras imposturas

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/da-orfandade-europea-outras-imposturas/20160630010107158910.html Tres feitos, acho que o suficientemente relevantes, teñen motivado o noso artigo do Diario de Ferrol desta semana. A saber: o Brexit, a medíocre participación española na Eurocopa (salientamos a hipocrisía a respecto do caso de Gea) e o estupor producido tras o resultado das eleccións xerais .

ANDAR COA MOSCA DO TTIP

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/andar-coa-mosca-do-ttip/20160616004003157546.HTML A democracia, que dúbida cabe!, está na corda bamba. Síntomas, quer pola perda de valores en xustiza, quer sociais, quer laborais..., estannos a conducir a un suposto estado ao cal parece nos debemos de resignar. Talvez desde a última crise económica é que estea a suceder esta gradual mudanza con tintes claramente antidemocráticos e que tan só ollan para o capital e para as cifras macroeconómicas, custe o que custar en termos humanos. Así pois, esta miña reflexión sobre o TTIP, ese falaz e secreto tratado que xa, de entrada, ha de ser valorado en termos autoritarios, tal e como se ten presentado en sociedade, non pode máis que deixarnos en alerta sobre o que pode acontecer de aquí a ben pouco. A aprobación dos transxénicos (prohibidos na UE), o uso xeneralizado de pesticidas, os seguros privados en prexuízo das pensións públicas, etc. son algún dos casos que se recoll

Os "povos promíscuos" ou dos caprichos do destino

Mandín (Verín) As terras arraianas de PortuGaliza teñen moito que nos contar. Na raia seca, aí mesmiño, veciños dun e doutro lado viven difusamente nunha realidade ligada a momentos en que o reino de Portugal se tiña conformado, provocando que certas aldeas ficasen nun estraño limbo xurídico-administrativo. Así pois, e movidos por este contexto en que realizamos unha pequena viaxe por estas terras entre o 13 e 15 de maio, grazas a EOI de Ferrol, foi a razón que nos levou a escribir este artigo para o DF.   "Dia das Bruxas" en Montalegre http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/povos-promiscuos-caprichos-do-destino/20160602011222156181.html cartaz coa programación do "Dia das Bruxas" Sexta Feira 13, "Dia das Bruxas" (castelo de Montalegre) Chaves río Támega Vidago Vidago