Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

O Baleo, unha aproximación ao topónimo

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/12/29/nordes%C3%ADa%2029-12-19.pdf Un estraño topónimo, Baleo, que tanto observamos en Pantín (Valdoviño) como en Ladrido (Ortigueira), foi o motivo de onte, 29 de decembro, do meu Termar do Leme do suplemento Nordesía do DF para despedir o ano. Un xogo que, agardo, vos sexa entretido polo menos.

Eça de Queirós e a alteración climática

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/12/15/nordes%C3%ADa%2015-12-2019.pdf O Eça de Queirós tampouco escapa aos efectos da alteración climática. Concomitancias ben actuais achamos entre textos del, de Añón e de Curros, reactualizándose nese infeliz debate ao que asistimos hoxe ao vermos o que está a acontecer co noso Planeta. Diso vai o artigo do 15 de decembro no meu "Termar do Leme" do suplemento Nordesía do DF. 

É tan presente a túa ausencia

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/12/01/nordesia%202-12-2019.pdf   A memoria de meu pai acompañarame sempre, a pesar de que a morte o veu visitar o 20 de novembro pasado. Os seus felices 93 anos ninguén llos puido arrebatar. Bon pai e home xeneroso. De aí esta sorte de longo epitafio con que quixen renderlle esta ben merecida homenaxe.        

Suevos

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/11/17/nordes%C3%ADa%2017-11-2019.pdf?fbclid=IwAR22NZ0RNs8n8n8d6xMqRWXg515KgFizW6Eif4nKE6Rnl8TSiYcLdVMyTLo Porta dos Suabos en Friburgo Suevos/suabos e Suevia/Suabia son motivo e escusa para falar sobre eses xermanos, antepasados nosos. Da afouteza guerreira até Martiño de Dumio, do amplo territorio que ocuparon e dominaron até o actual e reducido Württemberg... Destas e doutras cousas escribo no "Termar do Leme" do suplemento Nordesía (DF) do domingo 17 de novembro. Só espero sexa do voso gusto. 

Contos covicheiros: dunas que falan

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/11/03/nordesia.pdf Na miña entrega bisemanal do suplemento Nordesía do DF, "Termar do Leme", diserto sobre asuntos lingüísticos e tamén histórico-arqueolóxicos, co pretexto dun achado nas dunas da praia de Santa Comba, no extremo dos Crebadoiros. Velaquí volo deixo.     

Unha visita a Oia e o seu mosteiro

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/10/20/FERROL%2020-10-2019.pdf?fbclid=IwAR01Aqja-0TxNC30W3xc6n8lYDsErhxA8IV5cl2e82VEz4gsosP2bpjun7M Unha visita a Oia ben merece a pena. Unha viliña acolledora, co seu barrio medieval do Arrabalde, un mosteiro cunha fascinante historia por nos contar —de cenobio cisterciense a campo de concentración—, ademais das actividades culturais que nel se celebran durante o outono, e as paisaxes, o turismo termal, a gastronomía, etc. 

Tarrafal. O campo de concentración

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/10/07/nordesia.pdf O campo de concentración do Tarafal foi unha realidade no Cabo Verde colonial salazarista. Houbo tamén campos de concentración na España franquista. Nos finais do séc.XIX xorde o concepto "campo de concentración", unha triste realidade que, a pesar de todo, dera inicio no séc.XVIII en Polonia.  Disto falo no meu "Termar do leme" do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol do 6 de outubro. A escusa, a exposición "Tarrafal. Nunca mais", celebrada entre outubro de 2018 e marzo de 2019 no Museu do Aljube de Lisboa.   

A Casa do Humor e a Sátira de Gabrovo

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/09/22/nordes%C3%ADa%2022-09-2019.pdf?fbclid=IwAR3PcbOwe7CtANeQzmA4QriRu9eUfBFCStNkq9ewKsM-ANViegh8o7_dmVM No meu "Termar do Leme" do suplemento do DF do 22 de setembro, falei sobre a Casa do Humor e da Sátira de Gabrovo (Bulgaria). Un erro do xornal, que non meu, alterou o inicio do texto. Do <<No mes de agosto pasado...>> orixinal pasouse a un espurio <<* Ao mes de agosto pasado...>>. Á par de que Gabrovo foi o detonante, cumpría falar tamén do noso Museo do Humor de Fene, de forma que ambas as institucións serviron de motivo ao meu artigo. Así mesmo, era obrigado que nos referísemos ao noso humor particular, á súa peculiaridade, e tal fixemos.       

"Sul. Viagens", de Miguel Sousa Tavares

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/09/08/nordes%C3%ADa%2008-09-2019.pdf Miguel Sousa Tavares e o seu libro Sul. Viagens , son o motivo do artigo do Nordesía, do meu "Termar do Leme", do primeiro domingo de setembro. Controvertido el até a medula, non deixa de ter interese a súa obra. Detéñome, sobre todo, neste volume de viaxes, suxestivo, poético, sedutor, saudoso... Neste mesmo blog temos xa falado acerca dunha novela da súa autoría, Equador , un supervendas, alén dunha exitosa telenovela, pois foi levada ás pantallas da televisión.

Sorprendente Bulgaria

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/08/25/nordes%C3%ADa%2024-08-2019.pdf mosteiro de Rila No DF do domingo 25 de agosto, no suplemento Nordesía, Bulgaria protagoniza as liñas do meu artigo. Un país altamente recomendábel, por paisaxes, arte, cultura, gastronomía, etc., que aínda o turismo masivo non corrompeu. Callado de verdor e montañas, tampouco resta interese unha visita ao mar Negro. Igrexas e mosteiros ortodoxos, mesquitas e sinagogas, arte Secesión e modernista, racionalismo socialista, tranvías, boulevares arborados, alamedas e prazas axardinadas, vilas empoleiradas sobre outeiros por cima de ríos, etc. todo isto é Bulgaria.    igrexa dos Patriarcas, Tzerevets, en Veliko Tarnovo casas da cidade vella de Plovdiv domus romana en Plovdiv Plovdiv Capital Europea da Cultura 2019 xardíns do Museo da Arte Socilaista (Sofia)

Memoria do barrio alto de Ferrol

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/08/11/nordes%C3%ADa%2011-08-2019.pdf Velaquí vos deixo unha lectura de "Memoria histórica do barrio de Canido", editado por Edicións Embora. Escribino para o Nordesía, do DF, no domingo 11 de agosto. Fago un repaso a cada unha das achegas dos diferentes autores e detéñome nalgún aspecto máis, non en van estase a falar do meu barrio. E, casualidades da vida, o amigo Vicente Araguas, fai unha interesante recensión sobre este mesmo libro na páxina 32.

Emiliano Balás e os seus poemas ignorados

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/07/28/nordes%C3%ADa%2028-07-2019.pdf Emiliano Balás O ferrolán Emiliano Balás, médico sen convicción, pintor e escritor bilingüe como poeta e ensaísta e , como dramaturgo, só en lingua galega, foi un epígono, segundo clasificación do noso Ricardo Carvalho Calero. Quérese dicir, representa unha xeración posterior ao Rexurdimento, herdeira deste e, por conseguinte, nada anovador canto ás súas propostas. E, pese a todo, forma parte desa nómina de escritores que serviron para afianzar e normalizar o noso canon literario. No noso artigo referímonos igualmente aos seus poemas menos coñecidos.  O Coro "Toxos e Froles" a principios do séc.XX

Unha aposta: Muíño do Vento de Canido

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/07/14/nordesia-14-07-2019.pdf?fbclid=IwAR25Jur3HTg6u99zZPncdhCcvCLqxoSMEH3egP3pPXyl2fP8uPqb6KMeaRw No Nordesía do 14 de xullo, do Diario de Ferrol, quixen render tributo á Asociación Sociocultural Muíño do Vento , un exemplo a seguir, sen dúbida ningunha. Xulguei conveniente reivindicar o papel tan destacado que está a ter, non só a nivel local e comarcal, senón de toda Galiza. Velaquí unha fermosísima maneira de facer país.  exposición sobre Pedro Guimarey I Certame LIX Muíño do Vento   publicacións da ASC Muíño do Vento

Contos covicheiros: o Highland Warrior

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/06/30/nordesia-30-06-2019.pdf Contos contados, pequenas historias que van configurando o noso modo de ser. De aquí e de alá, relatos de antano que nos lembran o que fomos, de onde vimos e que se van evadindo pola distancia da memoria, tornando fracos, fráxiles, po finalmente. Velaquí de novo eses aspectos fragmentarios de noso. Recollidos en Covas e chegados a nós a través de diferentes fontes, que veñen corroborar unha identidade ricaz, aínda que agonizante. A nosa escusa desta vez é o afundimento do Highland Warrior, mañá pode ser  outra   calquera. Velaquí vola deixo. 

Pequenos xestos que fan historia

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/06/16/nordesia-16-06-19.pdf No domingo pasado, 16 de xuño, xulguei interesante falar acerca da importancia desas pequenas historia que poden parecer menores e que, no fondo, terminan por atinxir unha certa carga simbólica, pois humanizan o grave aparello histórico, por veces demasiado intrincado e extenso. Deste modo convértense en potenciais episodios, óptimos quizais para formar parte dun relato inserido nunha novela, nun filme ou nunha peza de teatro, poñamos por caso. 

Binormativismo, unha opción de futuro

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/06/03/nordesia-02-06.pdf#page=8&zoom=auto,-82,842 A opción do binormativismo, a pesar de non se tratar de algo novo noutras realidades lingüísticas, mesmo de Europa, áchoa boa e posíbel para a lingua galega, sempre que for acompañada e amparada social e xuridicamente. A proxección internacional, así como a nosa autoestima talvez crecerían, unha vez ficase plasmada como unha realidade normalizada.  Para quen lle interesar, no suplemento Nordesía (DF) do domingo 2 de xuño. 

"As vidas de... Antonio Fraguas", unha biografía novelada

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/05/19/nordesia-19-05-2019.pdf?fbclid=IwAR0MtLHosVZIC56XL0RDOolHUtgbhA1aQpNsB_D-BhPbjnYZtBsYL4p72kA No domingo 19 de maio, aínda cos sabores do Días das Letras, Antonio Fraguas foi o motivo do artigo para o Nordesía do DF, por medio da recomendación deste libro, unha biografía novelada, de Xosé A. Neira Cruz.

Cando Leonardo Padura dialoga con Alberte Momán

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/05/05/nordesia-05-05-2019.pdf No pasado domingo, 5 de maio, publiquei na miña sección "Termar do leme", do suplemento Nordesía (DF), o presente artigo en que quixen achar analoxías entre o gran narrador cubano, Leonardo Padura, e o noso caro narrador e poeta, Alberte Momán. Refírome, sobre todo, a certos paralelismos entre a novela Herejes e o fermoso poemario do ferrolán, acabado de saír a lume, 1[14]1 (en Belagua, so dirección de Edurne Baines).   

De grutas e catedrais

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/04/21/nordesia-21-04-2019.pdf#page=7&zoom=page-fit,-325,977 No pasado 21 de abril escribiamos na nosa columna "Termar do leme", do suplemento Nordesía do DF, un artigo que quería ser unha reflexión acerca da impresión que nos causan as covas cársticas con respecto ás igrexas góticas.  Unha breve viaxe a León, coa visita á catedral, alén de ás Cuevas de Valporquero foron elementos chave que nos levaron a facer a inevitábel analoxía coa catedral de Notre Dame de París e a tremeda catástrofe desatada tras o seu incendio.