Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Matemos a lingua menos prezada

  https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/12/27/Nordesia%2027-12-20.pdf No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do Diario de Ferrol non puiden evitar as palabras ofensivas, o libelo tan maiúsculo e carente de rigor, que #vargasllosa proferiu nun artigo pubicado en #ElPaís no pasado 6 de decembro, titulado "La lengua oculta", sobre as linguas que rodean o ámbito da española, quer aquí, quer en Sudamérica.

"Proa avante", de Rosa Cal

  https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/12/13/Nordesia%2013-12-20.pdf No meu #termardoleme do #Nordesía do #diariodeferrol do 13 de decembo, #hildegart e #aurorarodríguezcarballeira volveron ser as protagonistas. Agora, da man dunha vella coñecida, #rosacal , biógrafa e estudosa deste insurrecto binomio, ao cal regresa con novas e interesantes achegas no seu #proaavante .

"Abril", de Luz Darriba

  https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/11/29/Nordesia%2029-11-20.pdf No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 29 de novembro tocáballe a #Abril , unha interesante e intensa novela de Luz Darriba. Dor, amor, esperanza, represión, compaixón... son vocábulos afíns a esta narrativa.

Carvalho é tamén "Scórpio"

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/11/15/Nordesia%2015-11-20.pdf   A lectura continuada do #Scórpio ben merece un artigo. Quer #CarvalhoCalero , quer a súa novela máis extensa, aquí, no meu #TermardoLeme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol , vai a miña homenaxe para ambos. No artigo, recollo de xeito breve algunhas das chaves da narración.

Estraño Día das Letras para estraños tempos

  https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/11/01/FERROL%2001-11.pdf No domingo 31 de outubro, día posterior ao 110 aniversario do nacemento de #RicardoCarvalhoCalero , no #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol era o meu deber ético homenaxealo. Velaquí volo deixo.

"A illa das mentiras": cinema con oficio

No meu #termardoleme do domingo 18 de outubro, do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol , deixei esta breve lectura, como leigo na materia que son, sobre o filme "A illa das mentiras", que puiden ver no cinema Dúplex da miña cidade esta semana pasada. Recoméndovola vivamente.

Rotas de pandemia: o Minho

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/09/20/FERROL%2020-09.pdf Miradouro do Cervo (Vilanova de Cerveira) Terceira e derradeira entrega de "Rotas de pandemia", no meu #termardoleme do suplemento #nordesía do #diariodeferrol do domingo 20 de setembro, e despedida deste estraño verán. O Minho da outra marxe, sempre grato, acolledor e fermoso. Velaquí volo deixo. poema de João Verde busto do poeta de Monção João Verde

Rotas de pandemia: Costa da Morte

  https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/09/06/FERROL%2006-09.pdf   No domingo 6 de setembro tocou novo #termardoleme , no #Nordesía do #diariodeferrol . Falo nestas rotas sobre excursións de curto percorrido, apropiadas para estes tempos en que as aglomeracións deben ser evitadas. Para quen quixer seguir os pasos do artigo anterior, polas #rotasdepandemia , velaí vai a segunda. Aínda haberá unha terceira e última, coa que damos por concluído o ciclo do verán. Espero sexa do voso agrado.

Rotas de pandemia: Ambroa e o Lambre

  https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/08/24/FERROL%2023-08.pdf ponte medieval do Lambre (Camiño Inglés) No meu #termardoleme do suplemento #No rdesía do #diariodeferrol deste domingo achégome a esas pequenas rotas ou excursións factíbeis en tempos de pandemia, unha vez renunciado ás viaxes por causa de forza maior. embarcación no curso baixo do Lambre petróglifo en Casal do Mouro (Ambroa)  

Dialectos e padrón lingüístico

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/08/10/nordesia.pdf         Aspectos relacionados co #binormativismo , cunha norma padrón, glotónimos e con variantes dialectais, velaí de que trata o artigo do domingo 9 de agosto do meu #termardoleme do suplemento #nordesía do #diariodeferrol .  

Ouro en San Martiño de Covas

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/07/27/FERROL%2026-07.pdf   boca da mina de princiipios do séc.XX O ouro na mina de Covas hai quen diga que é anterior mesmo aos romanos. Unha pequena aproximación á explotación aurífera, que tamén houbo no séc.XX, aínda que desaparecendo coa Gran Guerra. Diso vai o meu #TermardoLeme do suplemento #Nordesía do #DiariodeFerrol do domingo 26 de xullo.   restos do lavadoiro do ouro en Ponzos     aliñamento Covas-Corcoesto-Sta.Comba-Noia pedra para moer mineral que posúe un veciño   Mr. Ellys Henry, enxeñeiro británico

De certas vixías do noso litoral

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/07/19/nordes%C3%ADa%2019-07.pdf Desde a Idade Media até o séc. XIX, as nosas costas contaron con sistemas de esculca e aviso civís. Diso vai o meu "Termar do Leme" do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol do domingo 19 de xullo. 

Breves notas sobre toponimia urbana

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/06/28/nordes%C3%ADa.pdf Valorizarmos a nosa toponimia pasa tamén polos hodónimos, isto é, topónimos urbanos como viais, prazas, xardíns... No meu Termar do Leme falo dos Estudos de Onomástica Galega IV. Os nomes das rúas e dalgunha cousa máis relativa á designación dos lugares das nosas cidades e vilas. 

Redescubrindo Evaristo de Sela

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/05/31/nordes%C3%ADa%2031.pdf Home feito a si mesmo, fillo de campesiños da parroquia de Sela, no concello de Arbo, labrou o seu futuro a base de esforzo. Home progresista, fuxiu para Portugal cando soubo da fereza do bando nacional. Foi encarcerado durante seis anos e, desde aí, pouco a pouco, foi construíndo a personalidade que o habería de singularizar en adiante. Estudaría grego no cárcere, ademais doutros idiomas como francés, alemán, inglés e italiano. Tradutor e profesor de linguas clásicas, alén de poeta, Evaristo de Sela descóbrese como un virtuoso e intelectual ao que lle deberamos facer xustiza, incorporándoo de xeito adecuado nas nosas letras.  tradución de Evaristo de Sela d' A Ilíada poemario de Evaristo de Sela

O Carvalho que puido ser

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/05/17/nordes%C3%ADa%2017-05-20.pdf Como non podía ser doutra maneira, o meu "Termar do Leme" tiña que ser para Ricardo Carvalho Calero. A Covid-19 imposibilitou unha publicación especial polo Día das Letras Galegas. Este é o meu pequeno tributo desde o Diario de Ferrol. 

Sobre a historia da escrita e o libro

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2294182950888716&set=a.1421863224787364&type=3&theater No meu "Termar do leme" (Nordesía, DF) do 3 de maio, centro a atención no fermosísimo libro "El infinito en un junco", de Irene Vallejo". Os trinta séculos desde a invención da escrita até o momento actual desfilan ante nós deixándonos abraiados. Un ensaio fascinante que lemos case como unha novela, ademais da lembranza á Livraria Bertrand, co seu manifesto, aínda máis pertinente, se callar, en tempos de pandemia.