Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Tres boas lecturas para este Nadal

  Este é o meu #termardoleme , do suplemento #Nordesía , do domingo 26 de decembro, respecto a tres lecturas editadas por Belagua. Con el fecho 2021 no #diariodeferrol . Que as desfrutedes!

Babel, de Juan Luis Montero Fenollós

Vinte anos de arduo traballo, escavacións no Medio Éufrates Sirio até 2011 e en Tell el-Far'a até 2019, avalan a traxectoria do profesor e arqueólogo Montero Fenollós. Velaquí a mostra coa publicación deste espléndido libro. Publicado no meu Termar do leme do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol, 12 de decembro de 2021.

Esoutra África española

  Se os cálculos non son errados, o meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 28 de novembro fai o número 100. Unha pequena reflexión sobre a España colonial africana, as consecuencias sobrevindas, prazas de soberanía menores, etc. forman parte do seu asunto. Peñón de Alhucemas Peñón de Alhucemas

Marcas no mar

  A talasonimia e o segredo das "marcas" dos pescadores foron o motivo do meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 14 de novembro. Velaquí a riqueza toponímica, así como esa forma tan peculiar de designar e interpretar por parte do mundo mariñeiro.

O mural da Central do Eume de José Mª Labra

No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 31 de outubro falo acerca da interesante visita guiada que tiven oportunidade de realizar á Central do Eume. Grazas á habelencia do Ateneo Fernán Martís de Pontedeume e ao arquitecto Antonio S. Río Vázquez foi posíbel desfrutar dunha excelente explicación sobre o fascinante mural do artista José María Labra.

A Nosa Galiza de Xenebra

  No meu #termardoleme do suplemento #nordesía do #diariodeferrol do domingo, 24 de outubro, xulguei que cumpría falar acerca da sociedade #anosagaliza de Xenebra. #CarvalhoCalero cobrou protagonismo no día 9 na citada cidade, arroupado por un bo feixe de amigos, cuxo labor é impagábel, e aos que agradezo desde aquí tan marabillosa atención.

O alfabeto ou abecedario

No meu #termardoleme do domingo 3 de outubro do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol realicei unha breve incursión no concepto "alfabeto". A este respecto, recomendo que leades Como se fixo o primeiro alfabeto , de Rudyard Kipling, ao que aquí aludo, editado por Embora.

"Romanza de los naranjos en flor", Juan Galán

  No domingo 19 de setembro, no meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol , tiven ocasión de escribir acerca da novela de Juan Galán , Romanza de los naranjos en flor . Velaquí a recensión sobre ela.

G. Llorca e Fra Molinero, última narrativa

No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 22 de agosto escribín unha breve recensión sobre as últimas achegas narrativas de Guillermo Llorca e Eduardo Fra Molinero . Velaquí volas deixo, co desexo de que vos poida picar a curiosidade.

Da Axarquía e outras belezas

  Fermosura, arte, historia, terra lexendaria chea de matices e connotacións, tal semella a comarca da Axarquía. Velaquí a miña achega do meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 8 de agosto. xanela en Úbeda   Baeza Frigiliana Málaga alcazaba de Antequera alcazaba de Antequera

A cabeza de Diogo Alves

  No pasado 25 se xullo, coincidindo co Día da Patria, sacaba no meu #termardoleme , do suplemento dominical #Nordesía , do #diariodeferrol , este artigo sobre o asasino múltiple, de nación galega, Diogo Alves. Alén dunha pequena incursión acerca da diáspora galega en Portugal, o singular e máis famoso homicida do país, foi o motivo central do artigo, así como a historia con respecto á súa cabeza.

Vergoñas do Novo Mundo

No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol deste domingo pasado ocupeime do caso das tumbas de meniños indios aparecidas en internados católicos do Canadá. Estes horrendos casos, xunto con outros en diferentes puntos do planeta, dan fe dunha política colonial desapiadada mesmo ás portas do séc. XXI.

Cultura en Cáritas

  No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do domingo 27 de xuño do #diariodeferrol quixen falar dunha parte do labor de #Cáritas , nada desprezábel. Refírome ao cultural. Convidado pola entidade, púidenlles falar acerca de Ricardo Carvalho Calero. Unha bonita e agradábel experiencia Velaí vai.

Rotas de pandemia: por terras mindonienses

No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol deste domingo escribín o último artigo dunha sección oficiosa que dei en chamar #rotasdepandemia . Tocoulle desta vez ao neu caro territorio mindoniense. Aquí volo deixo. catedral de Mondoñedo: Matanza dos Inocentes casa natal de Álvaro Cunqueiro rúa do barrio de San Sebastián en Tapia cantís sobre o Cantábrico (Tapia)

Rotas de pandemia: pola cerna de Galiza

  O domingo 30 de maio, no meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol , abordei unha nova escapada, desta vez por terras de Lugo, Palas de Rei, Melide e Toques. Aquí vola deixo.

Contos covicheiros: acerca das leiteiras

O oficio de leiteira ten un raizame profundo no noso país. As leiteiras de Covas, de fama en toda a redonda, son parte da miña infancia. Velaquí a miña modesta homenaxe. O meu conto para este #DíaDasLetrasGalegas , con #FranciscoAñón incluído, publicouse onte no meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol .