Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

A Revolta das Pedradas

No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol , 21 de febreiro, ocupeime duns feitos aínda pouco coñecidos, acontecidos en Ferrolterra en 1918. Falo da Revolta das Pedradas, tamén coñecida como Revolta do Pan. Fique aquí este meu graniño de área como lembranza.

"Unha mada de 12 fotos"

Tomando como fonte de inspiración o meu libro Unha mada de doce relatos , o alumnado da aula de fotografía, que organiza a Asociación Deportiva e Cultural da área sanitaria de Ferrol (ADESCAFE), realizou o presente calendario fotográfico como práctica de aprendizaxe no campo da interpretación fotográfica. Os beneficios obtidos pola súa venda foron doados á Asociación Parkinson de Ferrol.

"O cazador de lontras"

https://www.youtube.com/watch?v=TlfLZ3YqYRo Lectura do relato "O cazador de lontras", en  Unha mada de doce relatos . 

"Carvalho Calero: monumento das nosas letras"

https://www.youtube.com/watch?v=L8rXOgD1RF8&t=2s Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, Letras Galegas 2020. Videoconferencia para a Universidade de Salamanca. Abril de 2020 (confinamento pola covid-19)

"Henrique da Costa - Conversas sobre Ricardo Carvalho Calero", LinguaGalegaTV

https://www.youtube.com/watch?v=yK8ezGqpElM Henrique Dacosta, profesor e autor de "Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético", cóntanos as motivacións que tivo para escribir este libro biográfico sobre o autor ferrolán, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.

"Illas a sotavento", #envozpropia de Edicións Xerais

https://axendacultural.aelg.gal/2020/05/21/henrique-dacosta-le-un-fragmento-da-sua-obra-illas-a-sotavento/ Desde a AELG recollemos  a  lectura dun fragmento de  Illas a sotavento , por parte do seu autor,  Henrique Dacosta , no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais,  aquí . Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede. 

"Lecturas Fuxidas", con libraría Pedreira

https://www.facebook.com/watch/?v=899383277177075 Con motivo do Día do Libro (2020), a libraría Pedreira puxo especial énfase no virtual coas "lecturas fuxidas", en que participaron autoras como Marta Dacosta, Gonzalo Hermo ou Aurora Marco. O seu dono mostrouse sorprendido polo éxito da iniciativa, así como "orgulloso" da extraordinaria acollida que tivo por parte das creadoras. 

A propósito de Bezoucos

No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 7 de febreiro tocoulle a vez á miña estimada toponimia. Bezoucos, Trasancos, Marmancón, Menáncaro, etc., suxestivos nomes de lugar sobre os que tento verter unha pouca de luz.