Saltar ao contido principal

Publicacións

Mondoñedo e o seu Festival BreaSon

No pasado 8 de novembro tiven ocasión de asistir ao IV Festival #BreaSon . Mondoñedo celebrou este fermosísimo evento (musical, cultural e doutras actividades participativas) que concita un público do máis diverso. Sempre é grato visitar Mondoñedo, patria de tantos seres bos e xenerosos, mesmo imaxinarios, pensando en Cunqueiro . Co desexo de que dure moitísimos outonos máis, viva o BreaSon!  
Publicacións recentes

Unha lectura adiada de Otero Pedrayo: "O libro dos amigos"

Ramón Otero Pedrayo publica en 1953 " O libro dos amigos ". Velaquí unha sentida homenaxe a aqueles que, dun ou doutro xeito, marcaron a súa traxectoria vital. Desde Eduardo Moreno López , o seu caro profesor, a Ánxel Ramos, alumno seu abatido na fronte de Aragón no 38. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 11 de novembro.

Unha lectura adiada de Rafael Dieste: "Antre a terra e o ceo"

  Entre 1925 e 1927, Rafael Dieste escribiu para El Pueblo Gallego unha serie de artigos que en 1981 serían editados en libro. O interese normativizador e normalizador da lingua, tamén o literario, a formación política e as estruturas socioeconómicas, o concepto da saudade , etc. son motivo da súa escrita. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 26 de outubro.

Ecos lingüísticos galegos no último de Padura

  A última novela do cubano Leonardo Padura , cunha lingua que garda certas resonancias galegas, non está protagonizada desta vez por Mario Conde . Mais mergúllanos incisivo, como ten por costume, na actualidade cubana para profundar nas súas contradicións. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 12 de outubro .

Marcas de pedreiro e outros indicios a considerar

  O ollar atento paseando a cidade, a nosa cidade, capta aquilo que máis xeralmente pasa desapercibido. As marcas de canteiro , alén doutros elementos, algúns máis ornamentais que outros, conforman esta singular realidade. Sobre todo isto vai o meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 28 de setembro.

Ventos de rutina, desacougo e barbarie

Setembro, ano novo. Os medios así nolo fan ver. O curso. O decorrer lectivo, e laboral, e de normalidade vital... E Palestina enguedéllase entre nós, Ucraína , Trump e o Cumio da Organización de Cooperación de Shanghai . Velaquí no meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 14 de setembro.

Tres curiosidades bálticas

  A etnia dos caraítas de Trakai , a sorprendente Fortificación e Bastión de Tallin e o Hotel Sigulda , frecuentado polos tstares , conforman o miolo deste meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo, 31 de agosto.