Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Un camiño de ferro decimonónico

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/12/18/nordesia-19-12-2018.pdf A liña de tren Ferrol-Coruña está operativa desde o ano 1913. Practicamente sen electrificar, tarda en facer un itinerario de 42'8 km un mínimo de entre 1h5 e 2h20, mesmo existindo unha opción (a das 15:18) que demora 3h12, e cuxos prezos oscilan entre 23 e os 6  euros . Ao mesmo tempo, o traxecto pola autoestrada dura pouco máis de media hora, sendo o seu prezo de 4 euros, caso de se facer a viaxe en automóbil, ou entre 4 ou 5 euros, caso de  ser feita en autobús.  Analizamos neste artigo o deficiente camiño de ferro que sae e chega até Ferrol, sexa o de ancho ibérico, sexa o de vía estreita, aquel que era coñecido até ben pouco tempo como Feve e que hoxe está ligado a Adif e Renfe Operadora. O pasado 13 de decembro reuníanse en Ferrol o antigo presidente da Xunta, González Laxe, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o de Ferrol,  Jorge Suárez, para debateren e levare

Oliveiras en Galiza

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/12/03/nordesia.pdf#page=9&zoom=auto,-158,439 As oliveiras en Galiza non son unha moda de hoxe. Haberá quen pense, certamente, en oliveiras como árbore ornamental. Mais non é aquí, neste artigo, onde falamos deste aspecto que, sen dúbida, é xa un lugar común da estética de moitos paseos, xardíns, rotondas e demais das nosas cidades, vilas e quintas. Non. Falamos acerca desta árbore, xenericamente asociada a terras meridionais peninsulares, mais que está igualmente ligada a Galiza, así mesmo á zona máis meridional (terras do Sil e do Miño sobre todo), desde tempos dos romanos. Velaquí, pois, unha pequena aproximación á historia desta árbore no noso país, mesmo documentada en cartas forais de antigo, cantares, etc.

Galegos, as mans de Lisboa

casa da Vila Estrela d'Ouro antigo cinema Royal en Estrela d'OUro A cuantiosa emigración galega a Lisboa deixou importantes rastros na cidade. Dificilmente nos podemos subtraer á idea, aínda no momento actual, das pegadas que somos capaces de ver se observarmos con ollos espertos. Interesante mostra foi a perpetuada por Agapito Serra Fernandes no Bairro da Graça, ao crear a Vila Operária Estrela d'Ouro. Velaquí o testemuño desta vida de antano do emigrante galego, fixada desde o século XVIII de maneira ben evidente e que, dalgún xeito, quixemos rememorar a través deste artigo do Nordesía do 18 de novembro.   Balcão da Ginjinha do Largo de São Domingos Balcão da Ginjinha, do galego Francisco Espinheira Se quixeres ler o artigo enteiro, só tes que premer  aquí