Saltar ao contido principal

Publicacións

Silvio Rodríguez, voz e letras que fascinan

# SilvioRodríguez foi un dos iniciadores da  # NuevaTrovaCubana. Todo un referente, xunto a  # PabloMilanés, e faro para varias xeracións. Música de intervención, exemplar e universal que concita solidariedade, xustiza social, que imprime beleza á vida por medio dos seus versos, e que nos fala, así mesmo, de amor. Eis a súa grandeza!
Publicacións recentes

Acerca das nacións indias

  Unha breve aproximación, epidérmica,   á realidade dos indios norteamericanos a través de diferentes lecturas especializadas. O atractivo particular que desde neno me produciu a singularidade destas nacións e algunha cousa máis. De todo isto trata o meu  #termardoleme do  #DiariodeFerrol do domingo 13 de setembro. 

Gran Canaria, nun dos arquipélagos da Macaronesia

  A illa de #grancanaria é moito máis que un simple destino turístico, é tamén terra con singularidades históricas, sociais e xeográficas ben interesantes. Os #sitiosarqueolóxicos son un bo exemplo, presentes por todo o seu territorio. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 30 de agosto.

Día das Letras para Ferrol

  #CarvalhoCalero estreou para Ferrolterra a nómina de autores e autoras a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Mais o noso potencial é suficiente para que moitos outros e outras gocen desta mesma honra. Pénsese nos homes e mulleres das #IrmandadesdaFala local, xunto co coro #ToxoseFroles , encabezados por #XaimeQuintanilla , ou por outros e outras como #ErnestoGuerradaCal , #XohanaTorres ou #RamiroFonte . Domingo, 16 de agosto, #termardoleme do #DiariodeFerrol .

A vida lonxe dun mapa

  No 9 de agosto quixen reflexionar sobre dous conceptos en aparencia sinónimos, #lugar e #espazo , tan apropiados para estes rigores estivais. Pequenos #paraísos á volta da esquina xunto con illas como as da #Macaronesia . Eilo no meu #termardoleme do #DiariodeFerrol .

"Madrugadas feroces", o talento poético de Luz Darriba

Excelente artefacto poético de Luz Darriba , #Madrugadasferoces . Loita, combate permanente, inconformismo, soidade da alma, desasosego, saudade, esperanzas danadas... Velaí este poemario ilustrado con poderosos debuxos da súa factura. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 19 de xullo.

A toponimia do campus de Esteiro

A #toponimiadoCampusdeFerrol terá o seu sitio en breve a través duns paneis informativos. Non foi tarefa fácil estudala, pois falamos duns terreos urbanizados desde 1750. Con todo, a investigación e plasmación textual da mesma chegou á súa fin. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 5 de xullo.