Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

Cara aos altos de Marraxón

  Os lindes xeográficos e arqueolóxicos están presentes no país de forma marcada. Prestar atención a eles, pasear con todos os sentidos en alerta, querer saber sobre a súa existencia é o mellor xeito, talvez, de coñecérmonos como pobo. No meu  #termardoleme  no suplemento  #Nordesía  do  #diariodeferrol . 

Xaquín Marín: sesenta vizosos anos de humor

  No pasado 7 de outubro, o gran Xaquín Marín Formoso foi homenaxeado no teatro Jofre, con motivo do seu sexasésimo aniversario no mundo do humor. Arroupado por unha pléiade de humoristas e conducido por Quico Cadaval, resultou unha divertida e emotiva velada. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol .

Amancio Prada, xograr

  Espectacular concerto o de Amancio Prada coa Real Filharharmonía de Galicia e o coro Cantigas e Agarimos en Compostela. Celebrábase o 50° aniversario do disco "Vida e morte". Para os "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca concorreron a RFG e o coro xunto co berciano, non así na primeira parte do concerto, en que Amancio Prada tocou el só acompañado da guitarra. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 1 de outubro.