Saltar ao contido principal

Un camiño de ferro decimonónico

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/12/18/nordesia-19-12-2018.pdf



A liña de tren Ferrol-Coruña está operativa desde o ano 1913. Practicamente sen electrificar, tarda en facer un itinerario de 42'8 km un mínimo de entre 1h5 e 2h20, mesmo existindo unha opción (a das 15:18) que demora 3h12, e cuxos prezos oscilan entre 23 e os 6 euros. Ao mesmo tempo, o traxecto pola autoestrada dura pouco máis de media hora, sendo o seu prezo de 4 euros, caso de se facer a viaxe en automóbil, ou entre 4 ou 5 euros, caso de  ser feita en autobús. 

Analizamos neste artigo o deficiente camiño de ferro que sae e chega até Ferrol, sexa o de ancho ibérico, sexa o de vía estreita, aquel que era coñecido até ben pouco tempo como Feve e que hoxe está ligado a Adif e Renfe Operadora.

O pasado 13 de decembro reuníanse en Ferrol o antigo presidente da Xunta, González Laxe, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o de Ferrol, Jorge Suárez, para debateren e levaren unha
postura común a Madrid con respecto a esta liña, que debe ser urxentemente mellorada, se se pretende que o tren sexa unha alternativa de futuro, ademais de competitiva con respecto ao transporte por estrada. 





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Galicia infinda , Sal

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html Novoa Santos por Maside No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban. Debuxo de Bello Piñeiro para o orixinal "A Santa Compaña", de Novoa Santos