Saltar ao contido principal

Columba, Revista Cultural

A Sociedade Cultural Columba nace en 1997 na parroquia de Covas, San Martiño de, do concello de Ferrol. Sería esta o resultado doutras asociacións precedentes. O ámbito de emprendemento ten que ver coa cultura no seu sentido máis lato, de maneira que se abre a todo tipo de iniciativas que abranxan nalgún aspecto <<o estudo e investigación histórica da zona, así como a protección e restauración do patrimonio cultural existente>>, tal e como reza nos seus estatutos e no inicio da páxina web: http://www.sociedadecolumba.com/columba.php




                                                                                                 ermida de Santa Comba


praia de Sta. Comba e restos dun antigo naufraxio




De ben nacidos é ser agradecidos, dinos o refrán, e ben certo é que o estamos. Desde o número 3 da revista levamos colaborando nela case sen interrupción. Unha boa parte dos nosos artigos versan sobre toponimia, mais tamén sobre antroponimia, sobre literatura e até algunha creación literaria propia tamén hai. É meritorio o esforzo feito pola sociedade, pois a publicación vaise enchendo de contidos, páxinas —algún número pasando das 150— e articulistas de relevancia. Así pois, temas filolóxicos (toponimia, antroponimia...), tradición oral (lendas, contos...), sucesos e historia local, folclóricos, arqueolóxicos, etc. van conseguindo que esta revista se converta nun dos sinais identitarios da parroquia.


Unha volta pola web sérvenos para entender o grande e xeneroso traballo que existe no seu seo. O seu nome, Columba, non é un elemento casual. Responde á ermida do mesmo nome, Santa Comba, que se comezaría a construír sobre o século XI. Situada sobre unha illa case pegada a terra, conta coa súa propia lenda, pois a santa viría navegando nunha barca de pedra, a cal se encontra a uns cantos metros de distancia do monumento medio soterrada; trátase dunha pía. Outra máis das lendas arredor das barcas petrificadas, tal o caso do Santo André de Teixido, a non moitos quilómetros de Covas. Así mesmo, conta coa súa romaría.




                                                           pía de Santa Comba



É interesante, a este respecto, a cata arqueolóxica feita anos atrás, da cal naceu unha publicación: Santa Comba. Un Referente Arqueológico en la Costa Ferrolana. Esta cata arqueolóxica fálanos de restos altomedievais, pero tamén anteriores, castrexos, pois acháronse fornos de fundición da Idade do Ferro. Alúdese, igualmente, a enterramentos dun antigo cemiterio que poderían remontarse ao século XII, talvez aos dunha pequena congregación relixiosa.


A xeitosa biblioteca, as actividades culturais (marchas pedestres, contacontos...), os álbums de fotografías de que se vai nutrindo (o bosque fosilizado de Ponzos ou Bosque dos Loureiros, os naufraxios, os hórreos...), a recolla toponímica, etc. ilustran acerca do bon facer desta entidade, exemplo a seguir sen dúbida. Honrámonos, pois, de pertencer a esta sociedade, así como de participar desta interesante revista. Desde aquí anímoos xa a que a queiran descubrir.

         restos do bosque fosilizado (praia de Ponzos)












Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Ga...

Miguel Sousa Tavares e o seu "Equador"

Capa do romance "Equador" 1.- ARGUMENTO : Luís Bernardo Valença pertence à alta burguesia lisboeta. Seu pai deixa-lhe em herança a posição de sócio principal de uma companhia de navios que fazem diferentes rotas comerciais. Estamos a falar da Companhia Insular de Navegação, encarregada de transportar cargas e passageiros entre a ilha da Madeira, as Canárias, o arquipélago dos Açores e o Cabo Verde. A vida do homem é regalada, despreocupada, entregue ele às reuniões e tertúlias com pessoas da boa sociedade lisboeta. Goza da amizade, por exemplo, de Bernardo de Pindela, conde de Arnoso, o qual faz parte do grupo de “Os Sobreviventes”, justamente em oposição ao de “Os Vencidos da Vida”, de que participava no seu momento Eça de Queiroz. Essa vida nocturna lisboeta de que o Basílio tanto se queixava (falamos do do seu romance O primo Basílio ) por falta de locais onde poder desfrutar, e que nestes se tornava todo o contrário, dispostos a extrair daquela vida capitalina...

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor