Saltar ao contido principal

Día feliz: 100 artigos

Un, que cada vez máis tende a ser desmemoriado, si se lembra polo momento de cando comezou a colaborar para o Diario de Ferrol. O amigo Nicolás Vidal, sendo naquela altura Germán Castro o director do xornal, propuxérame a posibilidade de participar no suplemento Nordesía, o cal continúa a publicarse aos domingos. Cunha pouca de cohibición e medo de non se saber axustar un ao espazo marcado, arrancamos o 16 de maio de 2004 co artigo “As Letras en Ferrol: un signo de normalidade”. A estrea, como cabía esperar, gardaba o non pequeno problema antes aludido. A extensión do escrito excedía o estipulado, de aí a necesidade de facer un segundo artigo para o outro domingo, o cal titulamos “As Letras en Ferrol: breves notas”. O caso é que esta colaboración durou para o Nordesía até o 2 de xaneiro de 2011 en que nos despediamos con  “Clubs de lectura e outros ocios”. Cincuenta foron os artigos escritos para a columna 'Enfiando'. Cincuenta artigos en que foron abordados temas de literatura principalmente, pero tamén de cinema, de ocio, de sociolingüística, de viaxe, etc. e en que, iso si, e fóra do problema de extensión antes vista, a liberdade foi practicamente absoluta.



Pero a efeméride á que nos queriamos referir é á dos 100 artigos que vimos de facer onte xoves, día 17 de xullo, neste caso na columna 'La Ventana', tamén do Diario de Ferrol. Comezamos co artigo “De lesa traizón”, o 13 de outubro de 2010, e fixemos o artigo nº100 con “E Obiang falou de fútbol con Rajoy” (http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/obiang-falou-futbol-rajoy/20140717014152093078.html). Novamente a liberdade máis absoluta ten sido a tónica xeral até este momento. As temáticas abordadas continúan sendo de distinto xorne, se acaso agora máis variadas. A literatura segue tendo espazo nelas, pero tamén a política, a temática social, cinematográfica, musical, etc. Xa que logo, non queriamos deixar de pasar esta oportunidade para agradecer a cantos confiaron en nós desde un principio, agora tamén ao actual director do xornal, Carlos Miragaya, pois foi quen nos propuxo iniciar esta segunda andaina, un bocadiño distinta á que antes desenvolviamos, pero na que cada vez imos collendo maior destreza, polo menos canto ao número de caracteres para non exceder o exixido. A todos vós, tanto para os que na propia casa, o Diario de Ferrol, confiastes en min para colaborar desde as vosas páxinas, como aos meus lectores, douvos infinitas grazas, pois achegades o mellor dos ánimos.  



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Galicia infinda , Sal

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html Novoa Santos por Maside No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban. Debuxo de Bello Piñeiro para o orixinal "A Santa Compaña", de Novoa Santos