Saltar ao contido principal

Librarías: un paso adiante e outro atrás


José Luis Santalla á porta do Quijote



As transformacións que están a suceder no mundo do libro son evidentes. O 21% do IVE imposto polo goberno é un brutal machadazo na mesma liña de flotación da industria. Máis, se cabe, no caso do libro autóctono, cuxo mercado, moito máis cativo, ten que medir con maior tino os seus pasos. A cautela, con todo, non é receita única cando se aperta un bocado de máis o gañote. As librarías sofren, xa de tempo atrás, este vil acoso por parte de quen fai orellas moucas á industria cultural. Ben ao contrario, ultimamente mesmo tenta acabar con ela, acaso porque até poida que sexa demasiado molesta aos seus intereses, quérese dicir, ao seu discurso único. Véñennos á cabeza queimas de libros en épocas diversas, pois que a lectura e o coñecemento, polo que se ve, continúa a ser un comportamento subversivo.


O Inquisidor Xeral Domingo de Guzmán preside unha queima de libros
















Días atrás baixaba definitivamente a persiana José Luis Santalla á libraría ferrolá Quijote, todo un clásico na nosa cidade, como tamén o fora a libraría Helios, pondo sobre o escaparate un singular cartaz: <<Cerrado por melancolía>>.  Este non é, como se sabe, caso único. A libraría Nós na Coruña, González en Compostela, Alonso en Lugo, Bertrand en Vigo, etc. son algúns outros exemplos sucedidos dos anos noventa a esta parte por distintos puntos da xeografía do noso país. A este respecto, 
velaquí lles deixo unha reflexión, motivo do noso artigo do Diario de Ferrol do xoves 11 de setembro.










http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/prezo-da-saudade/20140911023350100224.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Ga...

Miguel Sousa Tavares e o seu "Equador"

Capa do romance "Equador" 1.- ARGUMENTO : Luís Bernardo Valença pertence à alta burguesia lisboeta. Seu pai deixa-lhe em herança a posição de sócio principal de uma companhia de navios que fazem diferentes rotas comerciais. Estamos a falar da Companhia Insular de Navegação, encarregada de transportar cargas e passageiros entre a ilha da Madeira, as Canárias, o arquipélago dos Açores e o Cabo Verde. A vida do homem é regalada, despreocupada, entregue ele às reuniões e tertúlias com pessoas da boa sociedade lisboeta. Goza da amizade, por exemplo, de Bernardo de Pindela, conde de Arnoso, o qual faz parte do grupo de “Os Sobreviventes”, justamente em oposição ao de “Os Vencidos da Vida”, de que participava no seu momento Eça de Queiroz. Essa vida nocturna lisboeta de que o Basílio tanto se queixava (falamos do do seu romance O primo Basílio ) por falta de locais onde poder desfrutar, e que nestes se tornava todo o contrário, dispostos a extrair daquela vida capitalina...

"Anátema", de Camilo Castelo Branco

Estamos perante a novela com a que, na prática, Camilo Castelo Branco se vai estrear no caminho do romance. Com antecedência já tinha publicado Maria não me mates que sou tua mãe (1848), de caráter marcadamente folhetinesco e baseado num facto ocorrido em Lisboa no ano 1848. Em Anátema (1851) recolhem-se já os elementos basilares que irão marcar a maneira de escrita do autor trasmontano. Tudo quanto se verte para este primeiro romance, vê-lo-emos, em maior ou menor medida, refletido posteriormente na obra estelar camiliana, quer dizer, no seu Amor de perdição . É interessante vermos como se explicita (cap. XVI) o sentido do título do romance nesta passagem em que fala o padre de Vilamarim, Carlos da Silva:  —[...] Há um sangue inocente, que transuda a pedra do túmulo! Há um grito de vingança, que quer uma longa expiação de lágrimas! Há um ANÁTEMA de conjuração diabólica que vai até à última geração de uma família como um rastilho de sangue! N...