Saltar ao contido principal

A marabilla dos cineconcertos


https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/04/23/nordesia-23-04-2018.pdf





Por segundo ano consecutivo estamos a poder desfrutar dos fabulosos cinceconcertos que, organizados pola editorial Embora, se están a celebrar no teatro Jofre de Ferrol. O cinema silente gaña en espectacularidade grazas ao bon facer de músicos de enorme talla, tal como Jordi Sabatés, o grupo de jazz progresivo, Pegasus, ou Adrián Begoña Trío, que puxeron a banda sonora ao vivo deste filme de Harold Lloyd, O home mosca, no pasado 14 de abril. As peripecias de Harold Lloyd trepando ao altísimo edificio dos grandes almacéns en que traballa, fixéronos sufrir, póndonos os pelos de punta, á vez que tamén lograron facernos rir. Antes deste memorábel O home mosca, Buster Keaton fixera as nosas delicias no mes pasado con O maquinista da General. Tan só falta, para así fechar o ciclo, o filme de ciencia ficción Metropolis, de Fritz Lang. As expectativas, tal como acontecera no curso anterior (The kid, de Charles Chaplin, Sherlock Holme Jr., de Buster Keaton, e Berlin. Sinfonía dunha grande cidade), estanse a cumprir. Só agardamos que o espectáculo poida seguir por moitos anos, dado a marabilla que conxuga a sétima arte xuntamente coa música ao vivo de tan espléndidos músicos.  

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Galicia infinda , Sal

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html Novoa Santos por Maside No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban. Debuxo de Bello Piñeiro para o orixinal "A Santa Compaña", de Novoa Santos