Saltar ao contido principal

Oito contos e unha traxedia

 http://173.255.131.18/audio/181122DACOSTA.mp3

 [10/11/2022]


O estraño caso da bicicleta amarela. Oito contos e unha traxedia”. Henrique Dacosta é o noso convidado este venres, no Club de Lectura de Radio Fene. Falaranos do seu último libro

“Non creo que sexa un estilo moi diferente ao que levo empregado noutras ocasións”, explica o autor respecto da confianza coa que o narrador dialoga coa persoa lectora. “Hai moitos elementos que teñen que ver coa infancia, unha certa nostalxia, sen ser enfermiza, polo pasado, esa patria do ser humano da que falaba Rilke”, detalla. Na obra, publicada pola editorial Belagua, ten protagonismo o mundo da pesca, con escenarios en Ferrol e unha batalla contra un robalo moi grande. Unha loita que evoca a narrada por Ernest Hemingway. “Trata da porfía, creo que si ten que ver”, opina o autor. Ferrol e a fábrica de lapis, pero tamén a pesca do bacallau e Terranova aparecen nos relatos dunha obra que remata en Cuba, cunha peza teatral dramática e cómica, ambientada no magnífico cemiterio de Colón da Habana que acolle os restos de tantos emigrantes de Galiza. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Galicia infinda , Sal

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html Novoa Santos por Maside No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban. Debuxo de Bello Piñeiro para o orixinal "A Santa Compaña", de Novoa Santos