Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2018

Intensa Boloña, bela e vermella

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/08/26/nordesia.pdf No último domingo de agosto de 2018, o meu artigo do suplemento do DF, Nordesía, versou sobre a bonita e interesantísima Boloña. Acho que é  unha cidade moi recomendábel, desde moitos puntos de vista. Aquí volo deixo.

James Rhodes e o Día das Letras Galegas

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/07/15/nordesia.pdf James Rhodes No domingo 15 de xullo, no suplemento Nordesía do DF, o concertista James Rhodes foi protagonista do noso artigo xunto cos candidatos ao Día das Letras Galegas de 2019. Ambos os motivos, en aparencia inconexos, acaban finalmente por confluír. Aquí volo deixo.                                                                                                Ricardo Carvalho Calero

"De carbón y nieve", última achega narrativa de Eduardo Fra

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/08/12/nordesia.pdf No domingo 12 de agosto, no suplemento Nordesía do DF, tiven ocasión de poder falar acerca da última proposta narrativa de Eduardo Fra Molinero. O artigo fai un percurso xeral acerca da obra deste ferrolán de adopción mais berciano de nación. Excusatio non petita, accusatio manifesta , son consciente, pero é verdade que acaso só unha terceira parte do texto é que se ocupa e centra na citada novela. En calquera caso, unha delicia poder falar acerca deste versátil escritor e bon amigo. Moitos parabéns! 

"Tripas", último poemario de Alberte Momán

A singularidade poética de Alberte Momán comeza polo seu apelido e acaba, sen ningunha dúbida, alí onde termina o último dos versos escritos.   Poeta poliédrico, dono dun constructo poético poderoso, fala da fugacidade do tempo, sobre a exploración dos límites, sobre a imposibilidade do amor, e delatando toda a súa escrita a presenza inequívoca do oxímoro.