Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2016

Sargadelos: crónica dunha morte anunciada

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/sargadelos-cronica-dunha-morte-anunciada/20161228213256176104.html A infeliz nova de que a Galería Sargadelos de Ferrol está a punto de fechar supón unha perda irreparábel para a cidade. Do punto de vista cultural, supuxo todo un revulsivo desde que comezou a súa actividade, hai hoxe vinte e seis anos. É por iso que no Diario de Ferrol nos quixemos facer eco desta desoladora noticia, pois facemos parte, nunha certa medida, desa historia. Vaia por diante a nosa solidariedade con todos os traballadores, e oxalá houbese maneira de reverter esta situación.

SICIXIA OU DA TRAXEDIA DA BUSERANA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/sicixia-da-traxedia-da-buserana/20161214233641174963.html A audacia é quizá unha das maiores virtudes que caractericen a Ignacio Vilar. Unha vez máis, e tras a inmortal A esmorga , demóstranos a súa capacidade para nos asombrar, quer polo relato en si, quer polas soberbias actuacións e dirección, quer pola súa técnica. Conxúganse neste filme elementos que nolo aproximan do docudrama a través da inserción de pequenas filmacións sobre a vida e costumes na Costa da Morte. O formato documental é un enorme envoltorio dentro do que transcorre a historia narrada en sentido máis estrito. A paixón amorosa entre Xiao e Olalla é esa narración medular que apunta a traxedia desde o inicio. Historia que, grazas ao traballo de Xiao como técnico de son que está a gravar na Costa da Morte, nos introduce antropoloxicamente nela (rapa das bestas, mariñeiros, mariscadoras, lendas, palilleiras...) e que vai conformando o relato dun filme tan b

NO CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/no-centenario-das-irmandades-da-fala/20161130232617173639.html asistentes á IV asemblea das Irmandades (Monforte, 1922) As Irmandades supuxeron o revulsivo que serviu para catapultar as iniciativas principais que deron pulo ao noso ser nacional. Quer do punto de vista político, quer cultural, en que a literatura ocupará un posto destacado, o proceso de normalización do noso país tomou corpo con elas. Eis, xa que logo, unha pequena achega ao que foron as Irmandades da Fala, facendo un percurso a través dos seus feitos.  capa da revista "Nós"