https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/03/29/nordes%C3%ADa.pdf Esta é a última novela de Vicente Araguas, un tributo á súa cidade natal, circunscrito a un período convulso de fidelidades e desafectos. Son os días previos ao golpe militar do 36, iniciado en África, e que acabará por triunfar tamén aquí. Marcelo Glaría, tenente de navío, encarna un dos papeis protagonistas xunto a un rapaz de case dezaseis anos, Vitolo. A vida intramuros (no Arsenal) e a da cidade (Astaleiro, transunto de Ferrol) vese intranquila e baixo a ameaza do que está a punto de acontecer. Unha novela vívida e torrencial que retrata á perfección un estado de ánimo e un perfil de cidade tan de noso e que, Araguas, sabe retratar con mestría.
Blog de Henrique Dacosta / Literatura e curiosidades varias