Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Rastros lingüísticos luso-galaicos nas Canarias

Galegos en tránsito para América, galegos que tomaron asento nas illas Afortunadas. O seu rastro permanece, cando menos, de xeito inmaterial nas Canarias. Velaquí o meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 19 de febreiro.

As guerrillas de León e Galiza

  No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do 8 de xaneiro tratei sobre a guerrilla antifranquista, fenómeno a estudar e divulgar con maior profundidade. Velaí o abordado en terras estremeiras (Carucedo, no Bierzo), onde se celebraron unhas excelentes xornadas sobre a Federación de Guerrillas de León e Galiza, protagonizadas por #DionísioPereira , #AlejandroRodríguezGutiérrez , #CarlosTejerizo , #LauraMartínezPanizo , #XurxoAyán e #FranciscoMacías . A este respecto, recomendo vivamente as actas publicadas en Edicións Positivas e as entrevistas de #HenriqueSanfizRaposo en Radio Fene: https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas .

Leitura Continuada Ensaio Sobre a Cegueira (4/4)

Coube-me o prazer de poder participar desta leitura continuada do livro Ensaio sobre a cegueira de José Saramago, que teve lugar no dia 17 de dezembro de 2022 no Centro Galego de Arte Contemporânea, Santiago de Compostela (Galiza). Ao início desta parte (4/4) pode-se ver e escutar a minha participação. https://www.youtube.com/watch?v=iXGB-TWm4Mo

"Bambú", de Isabel Blanco

"Bambú", da poeta e narradora Isabel Blanco , motivou as páxinas do meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 5 de febreiro. Un libro acaroado á poesía narrativa e designado pola autora como artefacto. Un percorrido do eu lírico pola casa, as súas estancias, desde que é meniña de peito até a idade adulta, trazado pola tensión, os (des)afectos e o medo.