Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2024

Altri, sorte de industria de enclave

As mentiras de #Altri e o futuro ermo que pode traer consigo, se os seus plans se materializan. A Ulloa e a ría da Arousa, ameazadas. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 31 de marzo.

Saudades do semáforo de Monte Ventoso

O semáforo de Monte Ventoso, hoxe propiedade municipal, está en ruínas. A súa historia, o seu cometido durante máis de douscentos anos, o traballo desempeñado por case o derradeiro semaforista, meu pai, que con profesionalidade e entrega recibía as visitas de escolares e outros, espontáneas ou non, para lles explicar o desenvolvemento da actividade que alí se realizaba, foi un dos motivos deste artigo. Ademais, a posíbel restauración do observatorio, acaba de ficar plasmada no TFG de Enxeñaría e Deseño Industrial levado a cabo pola filla dunha boa amiga, e aprobado cunha extraordinaria nota. Mais igualmente quere ser esta unha pequena homenaxe a meu pai, que tamén o era de Jorge Dacosta , de Lupe Dacosta, Marta Dacosta e Maite Da Costa López . No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 17 de marzo.

Con Vicente Risco por terras de Caldelas e Allariz

Espléndido roteiro seguindo os pasos de Vicente Risco por Castro Caldelas e Allariz. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 3 de marzo.