Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta novidades literarias

Revista "Elipse nº12"

https://circuloedicoes.blogspot.com.es/p/revista.html Compraz-me mais uma vez poder pendurar cá informações sobre este novo número da Elipse do Círculo Edições. Ora, apenas um pequenino relato da nossa autoria, se calhar um jogo literário que vocês podem julgar. Intitula-se A Companha .

Revista Elipse nº11

Mais umha vez, agora para este número 11 da revista Elipse , volto a deixar um pequeno contributo narrativo . O relato, nesta ocasiom, intitula-se Canção de embalar. Deixo-vos cá a capa da nova revista com o seu sumário, além da ligaçom.   http://circuloedicoes.blogspot.com.es/p/revista.html  

Revista nº8 "Elipse"

http://circuloedicoes.blogspot.com.es/p/revista.html Mais um contributo para a revista Elipse, agora com a segunda parte de "Belarmino e o robalo", cuja primeira  já   apareceu no anterior, no número  7.  Como sempre, a edição da revista é uma delícia. Não a percam pois vale a pena. 

"Nos vemos allá arriba"/"Au revoir là-haut", de Pierre Lemaitre

Capa da novela "Nos vemos allá arriba" Excelente e descarnado relato que arranca nos últimos días da Grande Guerra, en novembro de 1918. Está a punto de ser declarado o armisticio, pero o tenente d'Aulnay-Pradelle dá a orde de ataque, co fin de ser tomada a cota 113. Previamente, elixirá a Louis Thérieux e a Gaston Grisonnier, un rapaz e un vello, para unha misión de recoñecemento. Ambos serán mortos. Os seguintes en ser mandados haberán de ser Albert Maillard e Édouard Péricourt. Están en perigo, pois este será ferido e aquel caerá dentro do cráter dun obús, que é moi profundo. Ficará enterrado logo de que outra bomba rebente a pouca distancia e estea así a punto de morrer sepultado. Édouard Péricourt, porén, conseguirá desenterralo antes que morra asfixiado. Este, con todo, caerá gravemente ferido ao estoupar un obús a pouca distancia, o cal lle levará parte da cara. Albert Maillard, unha vez recobrou a respiración e o sentido, arrastrou o seu salvador até a trinc...

Latexos de intensa vida n' A distancia do tambor

Poesía afianzada na mesma forza que o seu río, o Eume, ou que nas inmensas lagarteiras, as espectaculares mareas vivas do verán que tanto nos asombrarán sempre. Así, asíndose á vida, xa for nese " fragmento cúbico de chuvia que escribe sen percusión posible " o seu ciclo da auga, da vida en fin, trazada con todas as súas arestas; xa for no eu ontolóxico que tenta aprehender a casa que foi e que o paso do tempo levou consigo: " A onde irá esta pel do tempo / envolta en corrosivas ondas? "; xa nas cicatrices que a idade vai deixando cal amósegas: " Miro a foto da nena / tanto tempo extraviada [...] / fáltanlle aínda os anos / da invisible cicatriz ". Eva Veiga abunda de novo nesa expresividade tan propia, cada vez máis depurada, pura, libre de ornamentacións, cuxo afán é a procura da esencialidade da palabra, da mensaxe, e que xa no seu anterior poemario se fixera máis patente que nos seus precedentes se cabe. Referímonos a A frecha azul do teixo . Alg...

Ecos rosalianos en Nubes de evolución

capa de Nubes de evolución Amanda, unha rapaza nova, traballa de limpadora na estación de autobuses. Compaxina esta actividade coa de camareira nunha cafetaría. É mai solteira e ten dezanove anos. Todos os días cóntalle á filla, Ánxela, o que lle acontece entrementres está ausente. A nena está ao coidado de súa avoa até que regresa do traballo.  Nubes de evolución , de Andrea Maceiras, está narrado en primeira persoa, con distintas voces que van aparecendo ao longo da narración: a da propia Amanda, a de Uxío e a de Luís.  As vidas destes tres personaxes, ao tempo que narradores, acábanse encontrando na estación de autobuses. E todo comeza por unha pintada que di: <<WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?>>. Amanda debe limpala, pero non o fai. As dúas persoas, Uxío e Luís, ollan curiosos para a frase escrita na parede con letras vermellas. Pídenlle, encarecidamente, que non a borre. Pero previamente a este suceso, Amanda tivera dous contratempos, un con ca...

Fonte de intrigas en Mondariz. As escaleiras do Gran Hotel

Pasmamos ao vela. Esta obra arquitectónica de Jenaro de la Fuente, a escaleira principal, imprime magnificencia ao edificio. Tal e como correspondía aos estabelecementos balnearios do momento, o Gran Hotel de Mondariz tiña de ser do gosto dos usuarios e estar en sintonía co que era tendencia na época. Así pois, a obra merecedora do <<XIV Premio Risco de Creación Literaria>>, As escaleiras do Gran Hotel , tómaas Rubén Martínez Alonso como título e, nun certo sentido, até atinxen relevancia abonda na novela. Carolina, protagonista do relato xunto a Tomás, séntese atraída por elas tan logo chegue por primeira vez ao balneario desde Vigo:  E subiron ata o primeiro piso, que aquí estaba despois do entresollado e o principal, seguindo o caprichoso deseño duns alfombrados chanzos que, logo de recibilas a un e outro lado da triunfal arcada que servía de embocadura, celebraban a súa unión suspendendo o percorrido, e desde ese airoso lugar, prodixio de enxeñe...