Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

Aprendizaxe etnolingüística dunha conversa casual

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/11/13/nordesia.pdf O mundo do pan, todo aquilo que ten a ver co cultivo, seitura, malla, moaxe e cocción do cereal, pode ser para os urbanitas e o homo tecnologicus de hoxe non máis que unha estampa bucólica de remotísimos tempos, pretéritos xa que logo. E algo de razón non lles falta —aos que así pensen—, mais errarán nun sentido, no feito de que tan só é unha xeración a que nos separa deses homes que practicaban tales afaceres no rural.  Diso trata o artigo do día 4 de novembro do Diario de Ferrol. Meu pai, un home de noventa e dous anos, foi quen me forneceu dita conversa. Interesante e fértil conversa que achegou, de certo, unha moi bonita estampa e, alén diso, un material impagábel, acho que digno dun etnógrafo. Aínda que do punto de vista lingüístico, non creo que sexa tampouco unha información  desdeñábel.  Eila,  por tanto, para quen goste destas curiosidades que falan de nós, ora cada vez máis propia