Capa da novela "Nos vemos allá arriba" Excelente e descarnado relato que arranca nos últimos días da Grande Guerra, en novembro de 1918. Está a punto de ser declarado o armisticio, pero o tenente d'Aulnay-Pradelle dá a orde de ataque, co fin de ser tomada a cota 113. Previamente, elixirá a Louis Thérieux e a Gaston Grisonnier, un rapaz e un vello, para unha misión de recoñecemento. Ambos serán mortos. Os seguintes en ser mandados haberán de ser Albert Maillard e Édouard Péricourt. Están en perigo, pois este será ferido e aquel caerá dentro do cráter dun obús, que é moi profundo. Ficará enterrado logo de que outra bomba rebente a pouca distancia e estea así a punto de morrer sepultado. Édouard Péricourt, porén, conseguirá desenterralo antes que morra asfixiado. Este, con todo, caerá gravemente ferido ao estoupar un obús a pouca distancia, o cal lle levará parte da cara. Albert Maillard, unha vez recobrou a respiración e o sentido, arrastrou o seu salvador até a trinc...
Blog de Henrique Dacosta / Literatura e curiosidades varias