o hidroavión vai amarar? Cando menos, resulta simpático achar, sen as agardar, certas voces que de xeito repentino chegan a ti sen que antes tiveses sabido nunca nada delas. E será que elas nos buscan? Teremos acaso algunha sorte de imán para deste xeito viren a nós? Sería bonito pensar que si, que elas fan por saír na túa procura pois que queren, ou desexan, ser rescatadas. Mais é a alerta filolóxica, esa (de)formación con que contamos de xa hai algúns aniños, a que na verdade sae ao noso encontro; logo esta é a simple e única razón que aniña en toda esta maxia marabillosa que puidese parecer o achado fortuíto de léxico de que acostumamos facer acopio. Falamos de reparar en, falamos de fixar a nosa atención naquilo que, de xeito inesperado, dan en dicir os nosos maiores nun determinado momento e rapidamente corremos a apuntar. Velaí a nosa maneira de proceder. Así pois, o vocábulo "amarar", e se ben serviu para ilustrar unha conversa acerca do difícil que é botar
Blog de Henrique Dacosta / Literatura e curiosidades varias