Autor ben querido, sobre José Saramago non habemos de facer cuestión acerca da calidade literaria que a súa obra atesoura. O lector escollerá a súa preferencia, sen lugar a dúbidas, pois a produción é o suficientemente vasta como para ter onde facelo. Quer o Memorial do convento , quer a História do cerco de Lisboa , quer A jangada de pedra , quer A caverna , quer O ano da morte de Ricardo Reis , quer O envangelho segundo Jesus Cristo... todas as súas novelas fan parte do universo totalizador en que o alentexano nos quixo inmiscir para reflexionar sobre as virtudes, pero tamén sobre os enormes defectos do ser humano. Porque, ante todo, Saramago era (ségueo a ser) un filósofo e un humanista. A Saramago dóelle o home en toda a súa magnitude. Onte Xavier Alcalá, na súa colaboración 'A voo de tecla' ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/07/22/portunol-saramago/0003_201407G22P19997.htm ) de La Voz de Galicia, incidía sobre un aspecto puramente formal, sociolingüístic...
Blog de Henrique Dacosta / Literatura e curiosidades varias