Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta gabeta das curiosidades

"Unha mada de 12 fotos"

Tomando como fonte de inspiración o meu libro Unha mada de doce relatos , o alumnado da aula de fotografía, que organiza a Asociación Deportiva e Cultural da área sanitaria de Ferrol (ADESCAFE), realizou o presente calendario fotográfico como práctica de aprendizaxe no campo da interpretación fotográfica. Os beneficios obtidos pola súa venda foron doados á Asociación Parkinson de Ferrol.

«Vía V» Gaelico: una lengua, cuatro pueblos (cap. 702 - parte 1 - 29/05...

Carvalho Calero no centenário do seu nascimento

Ricardo Carvalho Calero nascera em 1910. Com motivo do centenário do seu nascimento, um grupo de pessoas chefiadas polo amigo Andrés Santalla, decidiu homengeá-lo fazendo umha adaptaçom em vídeo de duas das suas obras narrativas. Desta maneira nascêrom As pitas baixo a chúvia , título homónimo ao continho que publicara em 1952, e O lar de Clara , igualmente homónima da novela que, ainda que escrita na década de cinquenta, só veria a luz em 1984, graças ao volume Narrativa Completa , em Ediciós do Castro. Eis, portanto, as duas curtametragens, numha das quais me honro participar, junto aos meus dous filhos, Gala e Alexandre.

Possessão

https://youtu.be/ZNaG8clMsZE

PROXECTO NEO: Proxecto Neo, 160.- Belén Uranga (Hitzargiak)

PROXECTO NEO: Proxecto Neo, 160.- Belén Uranga (Hitzargiak) : CULTURA QUE UNE (II) Foto: Anabela Quelhas Unidade da lingua e familiaridade das falas No programa 160 continuamos forta... Antes de mais, dizer que a fotografia me parece muito gira. Esteticamente, capta muito bem a essência do local, ligado a esse ambiente entre bucólico e barroco. A delicadeza da figura da mulher deitada sobre a tona da água é, simplesmente, magnífica, a harmonia do tanque em que se reflete o palácio. Tenho estado em duas ocasiões no Palácio Mateus e é um lugar ao que gostarei sempre de ir porque eu adoro. Enfim, muitos parabéns a Anabela Quelhas por este trabalho gráfico tão interessante e belo, ao Marco pela sua generosidade, e à Belén Uranga e ao Gabriel Pérez Durán por saberem conduzir com tanto jeito o programa.

Bem Falado - O galego do Eu-Návia

Mirar a cara do deus Reue Larouco

<<Na raia entre a Galiza e Portugal, da parte galega está Baltar e da lusa Montalegre. Aqui, em Montalegre, na freguesia de Vilar de Perdizes, vivemos um dos mais fascinantes momentos arqueológicos da nossa vida: poder olhar diretamente, aos olhos, como poucas vezes se pôde ter feito na Galiza, a um autêntico deus dos antigos tempos. Vimos este monte, o Larouco, o seu monte, coberto de neve, só depois de visitar o deus no seu esconderijo. Acreditamos em o ter percebido entre as sombras. Este monte, agora e sempre, estará marcado pela figura que habitou as suas montanhas, durante séculos e séculos, na imaginação das gentes que têm vivido à roda dele.>>  Palavras tiradas do blogue de Manuel Gago, do artigo "Deuses e deusas na raia (e III): Mirarlle a cara a un antigo deus" , e que vos recomendamos vivamente. Do ponto de vista arqueológico, mesmo antropológico, é uma pequena joia.  http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/01/25/mirarlle-a-cara-a-u...

Três Cantos - Eu Vi Este Povo A Lutar

Três imensíssimos cantores que se reivindicam para se reatualizarem mais uma vez. Bravo! A Grécia ontem, Portugal hoje. Serão os tempos chegados?

Em Companhia da Morte

Imenso pedaço da Galiza a viver inserido entre as montanhas de Castro Laboreiro. A nossa fala mais castiça, os nossos costumes estão presentes no documentário. Espantosa recriação de uma realidade ainda viva, mas por quanto tempo? Parabéns a quantos têm participado nele. Uma formosíssima amostra, sim senhor!

Ciencia ficción, literatura de anticipación...

O xénero que adoitamos denominar como ciencia ficción levanta non poucas controversias, pois as vertentes que se poidan tomar a este respecto están en función do prisma que a el lle poidamos aplicar. Unha, que tal puidese ser para o caso, inclinaríao cara a unha vertente se cadra máis fantasiosa, entrementres outra caería con maior facilidade no campo, cando menos, da probabilidade, de algo non descartábel na realidade e que anticipa o que haberá de acontecer nun futuro. Diremos, xa de antemán, que non somos moi dados á lectura deste xénero de literatura, pero vén ao caso logo de que por fin nos animásemos a ler unha novela de Stephen King, neste caso so o pseudónimo de Richard Bachman. Sen dúbida que faría parte deste misceláneo caixón de xastre chamado ciencia ficción. Estamos a falar da narración que en portugués foi traducida como O concorrente , e que en español —que é o idioma en que finalmente o lemos—, El fugitivo . Etiquetas á parte, Xulio Verne sáenos de novo ao paso. E se ...

A fronteira en Saramago

Autor ben querido, sobre José Saramago non habemos de facer cuestión acerca da calidade literaria que a súa obra atesoura. O lector escollerá a súa preferencia, sen lugar a dúbidas, pois a produción é o suficientemente vasta como para ter onde facelo. Quer o Memorial do convento , quer a História do cerco de Lisboa , quer A jangada de pedra , quer A caverna , quer O ano da morte de Ricardo Reis , quer O envangelho segundo Jesus Cristo... todas as súas novelas fan parte do universo totalizador en que o alentexano nos quixo inmiscir para reflexionar sobre as virtudes, pero tamén sobre os enormes defectos do ser humano. Porque, ante todo, Saramago era (ségueo a ser) un filósofo e un humanista. A Saramago dóelle o home en toda a súa magnitude. Onte Xavier Alcalá, na súa colaboración 'A voo de tecla' ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/07/22/portunol-saramago/0003_201407G22P19997.htm ) de La Voz de Galicia, incidía sobre un aspecto puramente formal, sociolingüístic...

Columba, Revista Cultural

A Sociedade Cultural Columba nace en 1997 na parroquia de Covas, San Martiño de, do concello de Ferrol. Sería esta o resultado doutras asociacións precedentes. O ámbito de emprendemento ten que ver coa cultura no seu sentido máis lato, de maneira que se abre a todo tipo de iniciativas que abranxan nalgún aspecto  <<o estudo e investigación histórica da zona, así como a protección e restauración do patrimonio cultural existente>>, tal e como reza nos seus estatutos e no inicio da páxina web:  http://www.sociedadecolumba.com/columba.php .                                                                                                   ermida de Santa Comba praia de Sta. Comba e restos dun antigo naufraxio ...