Navegando en barcas de pedra" (IES Catabois-Ferrol) http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/3594.html Con máis ilusión que medios, no curso 2003-2004 comezaba a súa emisión CataboisRadio , a emisora escolar do IES Catabois de Ferrol. Dúas arrichadas alumnas de 4º curso da ESO, saltaban ás ondas —unha maneira de falar, pois a nosa radio era só un circuíto electrónico fechado que emitía para o centro—, con algún programa de entrevistas. Recordamos, así, a feita ao cantante Leo, coñecido nos medios musicais por Leo e Arremecághona, e que foi a primeira emitida, e á que seguirían xa despois moitas máis e toda unha grella de programación diaria concibida para os dous recreos. No curso 2005-2006 tivemos ocasión de participar por vez primeira na xornada multimedia de "Ponte nas Ondas...!", cuxa achega fixemos na edición 12ª, e que titulamos 'Ponte na crista da onda'. No ano 2007 sería 'Unha viaxe en globo por Ferrol'; en 2008 'A p...
Blog de Henrique Dacosta / Literatura e curiosidades varias