Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

Valdeorras aderezada con versos de Delgado Gurriarán

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/valdeorras-aderezada-versos-delgado-gurriaran/20180124233348214315.html Eis unha breve lectura sobre a comarca valdeorresa, terra interesante, intensa e non exenta de saudades para min. O poeta de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), Florencio Delgado Gurriarán, foi o seu fío condutor e indutor tamén. Esta é a miña pequena homenaxe. 

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Galicia infinda , Sal

Andar ás crebas

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/andar-as-crebas/20180110231959213022.html Man de Camelle con madeira das crebas No meu artigo bisemanal para o Diario de Ferrol, de 11 de xaneiro, quixen escribir acerca dun par de actividades curiosas, estrañas mesmo, relacionadas co mundo do mar. Magnificamente descrito libro de Fernández Naval por Francisco Fernández Naval no seu libro "As crebas. Outro xeito de andar ao mar", falo acerca desta curiosa faena de litoral que, na miña aldea, meu avó desempeñaba como tantos outros e chamáballe “pasear a praia”; mais que xorde tamén referida na literatura, no cinema, etc. Analogamente, falo tamén no artigo acerca dos “raqueiros”, piratas de terra que facían embarrancar navíos a fin de saquealos. filme de A. Hitchcock, "Jamaica Inn"