https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/02/24/nordesia-24-02-2019.pdf No pasado mes de setembro falabamos a través das páxinas do Nordesía acerca do cultivo tradicional das oliveiras en Galiza, claro que tan só nunhas determinadas zonas do noso territorio. Nestoutro artigo de agora son de novo dúas ocupacións e/ou traballos, igualmente adscritos a uns espazos moi restrinxidos de Galiza, mais que, así mesmo, están en transo de desaparición ou, se cadra, xa desaparecidos. Estamos a referirnos aos oficios de aureanas, ou buscadoras de ouro, practicado na comarca de Valdeorras e nas augas do río Sil; e ao de corticeiro, a persoa que descasca o tronco das sobreiras e tamén o pode transformar en cortizos, isto é, colmeas fabricadas con este material, tal e como acontece, ou acontecía, polas veigas dos ríos Arnego e Deza, en Agolada.
Blog de Henrique Dacosta / Literatura e curiosidades varias