Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

Da orfandade europea e outras imposturas

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/da-orfandade-europea-outras-imposturas/20160630010107158910.html Tres feitos, acho que o suficientemente relevantes, teñen motivado o noso artigo do Diario de Ferrol desta semana. A saber: o Brexit, a medíocre participación española na Eurocopa (salientamos a hipocrisía a respecto do caso de Gea) e o estupor producido tras o resultado das eleccións xerais .

ANDAR COA MOSCA DO TTIP

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/andar-coa-mosca-do-ttip/20160616004003157546.HTML A democracia, que dúbida cabe!, está na corda bamba. Síntomas, quer pola perda de valores en xustiza, quer sociais, quer laborais..., estannos a conducir a un suposto estado ao cal parece nos debemos de resignar. Talvez desde a última crise económica é que estea a suceder esta gradual mudanza con tintes claramente antidemocráticos e que tan só ollan para o capital e para as cifras macroeconómicas, custe o que custar en termos humanos. Así pois, esta miña reflexión sobre o TTIP, ese falaz e secreto tratado que xa, de entrada, ha de ser valorado en termos autoritarios, tal e como se ten presentado en sociedade, non pode máis que deixarnos en alerta sobre o que pode acontecer de aquí a ben pouco. A aprobación dos transxénicos (prohibidos na UE), o uso xeneralizado de pesticidas, os seguros privados en prexuízo das pensións públicas, etc. son algún dos casos que se recoll

Os "povos promíscuos" ou dos caprichos do destino

Mandín (Verín) As terras arraianas de PortuGaliza teñen moito que nos contar. Na raia seca, aí mesmiño, veciños dun e doutro lado viven difusamente nunha realidade ligada a momentos en que o reino de Portugal se tiña conformado, provocando que certas aldeas ficasen nun estraño limbo xurídico-administrativo. Así pois, e movidos por este contexto en que realizamos unha pequena viaxe por estas terras entre o 13 e 15 de maio, grazas a EOI de Ferrol, foi a razón que nos levou a escribir este artigo para o DF.   "Dia das Bruxas" en Montalegre http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/povos-promiscuos-caprichos-do-destino/20160602011222156181.html cartaz coa programación do "Dia das Bruxas" Sexta Feira 13, "Dia das Bruxas" (castelo de Montalegre) Chaves río Támega Vidago Vidago