Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2015

Léxico do universo mariñeiro

as penas dos Cabalos no Prioiro, Covas Unha vez máis permítanme a licenza de facer uso aquí dun (meu) texto como pretexto. Nesta ocasión para tentarmos unha pequena aproximación ao léxico mariñeiro. Mais, nin moito menos, vaian pensar que se ha de tratar dun estudo pormenorizado senón dunha simple indagación sobre certo tipo de singularidades (outra vez) da nosa comarca de Ferrol. Referímonos á denominación con que corren os peixes polas nosas augas, algunhas artes de pesca e embarcacións e outros aspectos biolóxicos, e antropolóxicos mesmo. Os subliñados do texto literario (dun relato titulado "Belarmino e o robalo", pertencen ao libro Á deriva , publicado por Belagua en 2018) marcan certa terminoloxía alusiva a este universo mariñeiro, por tanto, común ou non a todo o litoral galego. Claro que nós buscaremos facer fincapé naquilo que nos é máis propio, comarcalmente falando, coa intención, así, de contribuír unha miga máis a esa recollida e fixación de vocabulario, sen

"Estréase unha burra na Porta Nova"

as bólas (xogo dos barcos) xogo da porca Quérolles falar hoxe, se mo permiten, acerca dos xogos infantís. Confésolles que eu, persoalmente, fun un incondicional da rúa. Pasaba horas e horas a xogar. O meu barrio, Canido, era, e aínda o é, un barrio, nun certo sentido, periurbano. Garda unha evidente esencia de aldea, pois a moi pouca distancia de onde eu vivía, había (e persisten no momento actual) terras de labranza. Tamén un fermoso e enorme río de lavar, o de Insua, e até hai ben pouco, mesmo algunha vaca nalgún dos prados. Construïamos cabanas, faciamos luminarias polo San Xoán, inventabamos o noso propio hóckey, para o cal nos valiamos de canotos secos de verzas que iamos coller a unha leira, gostabamos de roubar froita, moitas veces verde bollente , como as mazás da horta de Piano, pero tamén deliciosas claudias da do Coronel. Naquelas casas da mariña tiñamos uns fermosos patios, ben apropiados para os nosos xogos, ademais de que o número de rapaces era i

Palabras en xogo/Xogando con palabras

Praza Vella (Ferrol Vello) Cando entrou para a tasca, non puido evitar a ollada molesta daquel nacho que o observaba desde o fondo; sentía coma se o ferise. Tomás achábase sen gonzos. Ganas lle daban de meter algo para o corpo que lle recompuxese o ánimo, polo menos unha miaxiña; e é que, tíñao que recoñecer, moita hora lle fora despois do estraño suceso que viña de vivir había tan só uns instantes. Estaba ensopado. Alá fóra caía auga espesa, chovía que nin polas canavetas. Servíronlle a súa copiña de caña e tragouna dun único groucho. Non obstante, quer a ollada inquiridora do matalote aquel, quer o efecto benéfico do alcol, que quen sabe máis o que, sentiu que as soligras que lle gabeaban polo corpo era moito o ben que lle estaban a facer, e moito máis derada, abofé, a encomenda que en diante tiña por realizar. Mais o lefre alá estaba, no extremo do local, acobadado no mostrador con cara anucida, de poucos amigos, vaia, e fitándoo a el, zamurdo como poucos tiña visto na s