Polémicas á marxe acerca da ideoloxía e posicionamento de Wenceslao Fernández Flórez a prol do réxime franquista, a súa singular escrita séguenos atraendo e parecendo fresca por máis anos que pasen por ela. Días atrás acababamos de ler El hombre que compró un automóvil , e debemos recoñecer que non temos máis que sensacións positivas logo de chegado á última das súas páxinas, polo que lles aconsellamos que o lean se o que queren é pasar uns felices momentos de diversión, e até con abertas gargalladas. O humor hilarante, absurdo, tan á moda no momento e de que Wenceslao Fernández Flórez se vale, consegue verdadeiras pasaxes antolóxicas. O propio arranque da narración, un home que quere cruzar unha rúa, convertida esta nun infernal trafego de vehículos sen piedade para o peón, e que logra chegar, non sen enormes dificultades, até unha illa de cemento e que se converte na dunha sorte de Robinson Crusoe, non nos pode deixar indiferentes. Outro náufrago reside xa alí, cun farol que lles...
Blog de Henrique Dacosta / Literatura e curiosidades varias