Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2018

"Lapis na noite" para evitar a desmemoria

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/07/02/nordesia.pdf " Lapis na noite para evitar a desmemoria" foi o título do artigo escrito no domingo 1 de xullo no Nordesía . Ramón Nicolás adéntranos a través da súa novela nese mundo represivo e opresivo nacido á calor da ditadura cívico-militar arxentina comezada con Videla. Un exiliado do franquismo e, principalmente, a súa filla serán os catalizadores da insania. Parabéns para Ramón Nicolás, que nos ofrece unha conmovedora e fantástica narración ben acaída aos tempos de desmemoria en que vivimos.