Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

Latexos de intensa vida n' A distancia do tambor

Poesía afianzada na mesma forza que o seu río, o Eume, ou que nas inmensas lagarteiras, as espectaculares mareas vivas do verán que tanto nos asombrarán sempre. Así, asíndose á vida, xa for nese " fragmento cúbico de chuvia que escribe sen percusión posible " o seu ciclo da auga, da vida en fin, trazada con todas as súas arestas; xa for no eu ontolóxico que tenta aprehender a casa que foi e que o paso do tempo levou consigo: " A onde irá esta pel do tempo / envolta en corrosivas ondas? "; xa nas cicatrices que a idade vai deixando cal amósegas: " Miro a foto da nena / tanto tempo extraviada [...] / fáltanlle aínda os anos / da invisible cicatriz ". Eva Veiga abunda de novo nesa expresividade tan propia, cada vez máis depurada, pura, libre de ornamentacións, cuxo afán é a procura da esencialidade da palabra, da mensaxe, e que xa no seu anterior poemario se fixera máis patente que nos seus precedentes se cabe. Referímonos a A frecha azul do teixo . Alg

Ecos rosalianos en Nubes de evolución

capa de Nubes de evolución Amanda, unha rapaza nova, traballa de limpadora na estación de autobuses. Compaxina esta actividade coa de camareira nunha cafetaría. É mai solteira e ten dezanove anos. Todos os días cóntalle á filla, Ánxela, o que lle acontece entrementres está ausente. A nena está ao coidado de súa avoa até que regresa do traballo.  Nubes de evolución , de Andrea Maceiras, está narrado en primeira persoa, con distintas voces que van aparecendo ao longo da narración: a da propia Amanda, a de Uxío e a de Luís.  As vidas destes tres personaxes, ao tempo que narradores, acábanse encontrando na estación de autobuses. E todo comeza por unha pintada que di: <<WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?>>. Amanda debe limpala, pero non o fai. As dúas persoas, Uxío e Luís, ollan curiosos para a frase escrita na parede con letras vermellas. Pídenlle, encarecidamente, que non a borre. Pero previamente a este suceso, Amanda tivera dous contratempos, un con cada un dos

O Cabo do mundo: algo máis que un balcón ao Sil

Carlos Pereiro ten 47 anos e un cancro terminal. Decide, aínda non sabemos por que, escribir unha novela que terá que ver coa memoria histórica. Comezará a indagar sobre uns feitos acaecidos a raíz do enterro de seu pai, Serafín , alias o ‘ Teixo ’. No cemiterio alguén, un tal Curuxás , como logo saberá, chamará ao defunto ‘asasino’. E aquí estará o detonanate para así Carlos, tamén coñecido como Charli, iniciar unha complexa, difícil e tola viaxe cara ao pasado, no tempo do comezo da Guerra Civil española. O porqué de que se decida a escribir a novela débese a que Reina , un importante amigo que lle xurdirá ao longo das súas investigacións, o anime a que todo o poña por escrito, mais como ficción. Eis o inicio da moi recomendábel e intensa narración que Xabier Quiroga publicou en 2009. A procura da verdade sen concesións para tentar saber quen é un mesmo,  e a pesar de que poida acarrexar até funestas consecuencias, está presente no relato. Tamén o horror da represión franquis

Librarías: un paso adiante e outro atrás

José Luis Santalla á porta do Quijote As transformacións que están a suceder no mundo do libro son evidentes. O 21% do IVE imposto polo goberno é un brutal machadazo na mesma liña de flotación da industria. Máis, se cabe, no caso do libro autóctono, cuxo mercado, moito máis cativo, ten que medir con maior tino os seus pasos. A cautela, con todo, non é receita única cando se aperta un bocado de máis o gañote. As librarías sofren, xa de tempo atrás, este vil acoso por parte de quen fai orellas moucas á industria cultural. Ben ao contrario, ultimamente mesmo tenta acabar con ela, acaso porque até poida que sexa demasiado molesta aos seus intereses, quérese dicir, ao seu discurso único. Véñennos á cabeza queimas de libros en épocas diversas, pois que a lectura e o coñecemento, polo que se ve, continúa a ser un comportamento subversivo. O Inquisidor Xeral Domingo de Guzmán preside unha queima de libros Días atrás baixaba definitivamente a persiana José Luis

A ponte sobre o Drina, unha difícil encrucillada

Ivo  Andrić, Nobel de Literatura 1961  A historia que nos conta Ivo Andrić n' A ponte sobre o Drina non é unha historia ao uso. O protagonismo dilúese perante o número elevadísimo de personaxes que van desfilando ao longo das súas páxinas. A novela arranca no séc. XVI e prolóngase até o séc. XX, co inicio da Iª Guerra Mundial, precedida das Guerras Balcánicas. Se houbese que falar de protagonismos, este, sen dúbida, terá que recaer sobre a propia ponte, motivo do título da narración. É importante írmonos familiarizando cos vocábulos que aluden a distintos elementos, sexa da propia ponte, sexa da cidade, sexa da sociedade conformada por distintas etnias, ademais de por confesións relixiosas. Višegrad é a poboación motivo do relato. Trátase dunha pequena cidade á beira do río Drina que, polo que nos conta César Antonio Molina no epílogo, é un afluente do Sava, que á súa vez o é do Danubio. Aquí, en Višegrad, outro río menor, o Rzav, tamén afluente pero do Drina, será re

Fonte de intrigas en Mondariz. As escaleiras do Gran Hotel

Pasmamos ao vela. Esta obra arquitectónica de Jenaro de la Fuente, a escaleira principal, imprime magnificencia ao edificio. Tal e como correspondía aos estabelecementos balnearios do momento, o Gran Hotel de Mondariz tiña de ser do gosto dos usuarios e estar en sintonía co que era tendencia na época. Así pois, a obra merecedora do <<XIV Premio Risco de Creación Literaria>>, As escaleiras do Gran Hotel , tómaas Rubén Martínez Alonso como título e, nun certo sentido, até atinxen relevancia abonda na novela. Carolina, protagonista do relato xunto a Tomás, séntese atraída por elas tan logo chegue por primeira vez ao balneario desde Vigo:  E subiron ata o primeiro piso, que aquí estaba despois do entresollado e o principal, seguindo o caprichoso deseño duns alfombrados chanzos que, logo de recibilas a un e outro lado da triunfal arcada que servía de embocadura, celebraban a súa unión suspendendo o percorrido, e desde ese airoso lugar, prodixio de enxeñería, volvían a