http://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/02/25/nordesia-26-02-2018.pdf Os terreos onde asentan as instalacións do actual IES Canido de Ferrol, alén da igrexa de San Rosendo e anexos, teñen unha interesante e curiosa historia. Este é o motivo principal que me levou a escribir este novo artigo para o suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Certo é que me une unha relación bastante singular con este lugar, pois fun veciño do barrio, estudei neste instituto e, hoxe en día, exerzo nel como profesor. Velaquí vos deixo, xa que logo, con este segundo artigo da sección "Termar do leme".
Blog de Henrique Dacosta / Literatura e curiosidades varias