Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta sección "Termar do leme"

Signos e símbolos: historia dalgunhas marcas de identidade

  As marcas dos mariñeiros, mareantes ou "marujos" da Guarda, no baixo Miño, e da Póvoa do Varzim, en Portugal, son o leitmotiv do meu artigo do domingo 25 de outubro. As #marcas foron os precedentes de #signos e #símbolos . No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol .

Neste ano celebramos Neira Vilas

  #NeiraVilas , o pai de #Balbino , soubo como ninguén narrar a emigración e os condicionantes que a marcaron. O #realismosocial , o #relatoinfantoxuvenil , o #ensaio ... trazan o bo facer do próximo homenaxeado no #DíadasLetras . Eilo! No meu # termardoleme do  # DiariodeFerrol do domingo 11 de outubro. 

Silvio Rodríguez, voz e letras que fascinan

# SilvioRodríguez foi un dos iniciadores da  # NuevaTrovaCubana. Todo un referente, xunto a  # PabloMilanés, e faro para varias xeracións. Música de intervención, exemplar e universal que concita solidariedade, xustiza social, que imprime beleza á vida por medio dos seus versos, e que nos fala, así mesmo, de amor. Eis a súa grandeza!

Acerca das nacións indias

  Unha breve aproximación, epidérmica,   á realidade dos indios norteamericanos a través de diferentes lecturas especializadas. O atractivo particular que desde neno me produciu a singularidade destas nacións e algunha cousa máis. De todo isto trata o meu  #termardoleme do  #DiariodeFerrol do domingo 13 de setembro. 

Gran Canaria, nun dos arquipélagos da Macaronesia

  A illa de #grancanaria é moito máis que un simple destino turístico, é tamén terra con singularidades históricas, sociais e xeográficas ben interesantes. Os #sitiosarqueolóxicos son un bo exemplo, presentes por todo o seu territorio. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 30 de agosto.

Día das Letras para Ferrol

  #CarvalhoCalero estreou para Ferrolterra a nómina de autores e autoras a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Mais o noso potencial é suficiente para que moitos outros e outras gocen desta mesma honra. Pénsese nos homes e mulleres das #IrmandadesdaFala local, xunto co coro #ToxoseFroles , encabezados por #XaimeQuintanilla , ou por outros e outras como #ErnestoGuerradaCal , #XohanaTorres ou #RamiroFonte . Domingo, 16 de agosto, #termardoleme do #DiariodeFerrol .

A vida lonxe dun mapa

  No 9 de agosto quixen reflexionar sobre dous conceptos en aparencia sinónimos, #lugar e #espazo , tan apropiados para estes rigores estivais. Pequenos #paraísos á volta da esquina xunto con illas como as da #Macaronesia . Eilo no meu #termardoleme do #DiariodeFerrol .

"Madrugadas feroces", o talento poético de Luz Darriba

Excelente artefacto poético de Luz Darriba , #Madrugadasferoces . Loita, combate permanente, inconformismo, soidade da alma, desasosego, saudade, esperanzas danadas... Velaí este poemario ilustrado con poderosos debuxos da súa factura. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 19 de xullo.

A toponimia do campus de Esteiro

A #toponimiadoCampusdeFerrol terá o seu sitio en breve a través duns paneis informativos. Non foi tarefa fácil estudala, pois falamos duns terreos urbanizados desde 1750. Con todo, a investigación e plasmación textual da mesma chegou á súa fin. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 5 de xullo.

Dúas curiosidades toponímicas: Venela e Beque

  Estes dous #topónimos , singulares sen dúbida, levábanme roldando pola cabeza desde hai tempo. As hipóteses e as analoxías son con frecuencia nutrientes básicos e lóxicos desta disciplina filolóxica. Velaquí, pois, estes dous topónimos extraídos de terras ártabras que poño ao voso dispor. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 21 de xuño.

"A nena que perdeu un zapato na lama", de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás Rodríguez asómanos, a través dun interesante xogo metaliterario, a voz de #Morgana , á construción desde a infancia de #BegoñaCaamaño , esa inquieta meniña viguesa do barrio do #Calvario , posteriormente destacada novelista.

Tralocastro, sitio arqueolóxico

Espléndida xornada teatralizada do domingo antepasado en Talocastro. No meu #termardolemedo do #DiariodeFerrol do domingo 26 de abril , velaquí unha achega da visita, da cultura castrexa e algo máis.

Impresións da Semana Santa

  Unha pequena reflexión desde Ferrol sobre a paréntese da Semana Santa e as sensacións que me transmite. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 12 de abril.