Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta a arca das palabras

A voz "amarar"

o hidroavión vai amarar? Cando menos, resulta simpático achar, sen as agardar, certas voces que de xeito repentino chegan a ti sen que antes tiveses sabido nunca nada delas. E será que elas nos buscan? Teremos acaso algunha sorte de imán para deste xeito viren a nós? Sería bonito pensar que si, que elas fan por saír na túa procura pois que queren, ou desexan, ser rescatadas. Mais é a alerta filolóxica, esa (de)formación con que contamos de xa hai algúns aniños, a que na verdade sae ao noso encontro; logo esta é a simple e única razón que aniña en toda esta maxia marabillosa que puidese parecer o achado fortuíto de léxico de que acostumamos facer acopio. Falamos de reparar en, falamos de fixar a nosa atención naquilo que, de xeito inesperado, dan en dicir os nosos maiores nun determinado momento e rapidamente corremos a apuntar. Velaí a nosa maneira de proceder.  Así pois, o vocábulo "amarar", e se ben serviu para ilustrar unha conversa acerca do difícil que é botar ...

De ambrosías e malogros

Remoendo máis unha vez nisto das palabras, hainas que se atoan por algunha parte para despois ser difícil poder acharlles saída e que poidan ver de novo a luz que nalgún momento perderon. A lingua, queirámolo ou non, vaise modelando á súa maneira, ás veces de forma caprichosa, outras por causa de imperativos varios en que agora non imos entrar.   Mais o certo é que algúns destes vocábulos acaban por se agochar polos escondedoiros máis estraños da casa, polos labirintos da memoria, por veces mesmo polos daqueles seres queridos que hoxe por vellos tenden a tela un bocadiño extraviada, e que, oh, sorpresa!, por calquera extraordinario resorte, véñenos a soltar no momento máis inesperado e alí estamos, atentos e por fortuna presentes, para os poder recoller.  ambroesas No campo destas "ambrosías" a que facemos referencia no título, temos a palabra ambroesa . Confésolles que nin tiña idea da súa existencia. Polo que, tan logo a escoitei, tiven a urxencia de apuntala...

De xarela con algúns vocábulos máis

ría de Ferrol desde o monte de Marraxón Nisto de andar á rebusca e compilación de vocábulos, pouco será se lles digo que é un labor que levo desenvolvendo máis de media vida. Faltounos neste noso labor, se callar, a sistematicidade, o rigor, pois tomámolo de sempre case que como un xogo. A curiosidade implícita desta procura —que digo nos vén de vello —, foi se cadra a que pulou de nós para que tomásemos posteriormente ese estraño e ensarillado camiño da formación filolóxica. Formación, todo hai que dicilo, un bocado desmembrada. Sorte de totum revolutum en que un acaba por saber moitas cousas relativamente prácticas para a súa función e desempeño laboral, ora  non   poidamos dicir  tampouco   que non servise para nada, porque a aprendizaxe dura toda unha vida e, como diría o cantor <<Nunca el tiempo es perdido...>>. Así que, aquí seguimos na brecha, sen présa pero sen pausa. Ao noso ritmo, pois, e con ánimo para lles presentar outra pequena lista...

Cinco voces con personalidade propia

Vista da ría de Ferrol desde o monte de Ancos As linguas vivas acostuman ter o feo costume de cobraren vida propia, autonomía, vaia, de maneira que o seu léxico se vai por veces acautelando, atrincheirando mesmo, até chegar a dar con algún escondedoiro ao que dificilmente acaba un por ter acceso. E é que ás veces se fai tan firme o lugar en que se agachan que nunca máis somos quen de lograr tirar as palabras dese seu agocho. Velaquí, pois, no que nunha certa medida lles pode acontecer ás cinco voces de que hoxe lles queriamos falar. Voces, elas cinco, que non podemos ver recollidas nos dicionarios de lingua. A excepción, se cadra, da última delas, e que si logramos dar con ela, ora que ben escondidiña, en Frampas II, contribución al diccionario gallego , de Elixio Rivas Quintas, publicación de pouco acceso e, xa que logo, para avezados especialistas máis que nada.  Unha vez máis, é o noso desexo poder recoller aquí voces (léxico en definitiva) que se nos antolla...

Léxico do universo mariñeiro

as penas dos Cabalos no Prioiro, Covas Unha vez máis permítanme a licenza de facer uso aquí dun (meu) texto como pretexto. Nesta ocasión para tentarmos unha pequena aproximación ao léxico mariñeiro. Mais, nin moito menos, vaian pensar que se ha de tratar dun estudo pormenorizado senón dunha simple indagación sobre certo tipo de singularidades (outra vez) da nosa comarca de Ferrol. Referímonos á denominación con que corren os peixes polas nosas augas, algunhas artes de pesca e embarcacións e outros aspectos biolóxicos, e antropolóxicos mesmo. Os subliñados do texto literario (dun relato titulado "Belarmino e o robalo", pertencen ao libro Á deriva , publicado por Belagua en 2018) marcan certa terminoloxía alusiva a este universo mariñeiro, por tanto, común ou non a todo o litoral galego. Claro que nós buscaremos facer fincapé naquilo que nos é máis propio, comarcalmente falando, coa intención, así, de contribuír unha miga máis a esa recollida e fixación de vocabulario, sen...