Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2015

De xarela con algúns vocábulos máis

ría de Ferrol desde o monte de Marraxón Nisto de andar á rebusca e compilación de vocábulos, pouco será se lles digo que é un labor que levo desenvolvendo máis de media vida. Faltounos neste noso labor, se callar, a sistematicidade, o rigor, pois tomámolo de sempre case que como un xogo. A curiosidade implícita desta procura —que digo nos vén de vello —, foi se cadra a que pulou de nós para que tomásemos posteriormente ese estraño e ensarillado camiño da formación filolóxica. Formación, todo hai que dicilo, un bocado desmembrada. Sorte de totum revolutum en que un acaba por saber moitas cousas relativamente prácticas para a súa función e desempeño laboral, ora  non   poidamos dicir  tampouco   que non servise para nada, porque a aprendizaxe dura toda unha vida e, como diría o cantor <<Nunca el tiempo es perdido...>>. Así que, aquí seguimos na brecha, sen présa pero sen pausa. Ao noso ritmo, pois, e con ánimo para lles presentar outra pequena lista...

Cinco voces con personalidade propia

Vista da ría de Ferrol desde o monte de Ancos As linguas vivas acostuman ter o feo costume de cobraren vida propia, autonomía, vaia, de maneira que o seu léxico se vai por veces acautelando, atrincheirando mesmo, até chegar a dar con algún escondedoiro ao que dificilmente acaba un por ter acceso. E é que ás veces se fai tan firme o lugar en que se agachan que nunca máis somos quen de lograr tirar as palabras dese seu agocho. Velaquí, pois, no que nunha certa medida lles pode acontecer ás cinco voces de que hoxe lles queriamos falar. Voces, elas cinco, que non podemos ver recollidas nos dicionarios de lingua. A excepción, se cadra, da última delas, e que si logramos dar con ela, ora que ben escondidiña, en Frampas II, contribución al diccionario gallego , de Elixio Rivas Quintas, publicación de pouco acceso e, xa que logo, para avezados especialistas máis que nada.  Unha vez máis, é o noso desexo poder recoller aquí voces (léxico en definitiva) que se nos antolla...