Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2017

Hoxe é día de enganos

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/hoxe-e-dia-de-enganos/20171227233146211772.html Hoxe é 28 de decembro. Seica en Hispanoamérica existía a tradición de enganar as persoas pedindo un préstamo aos amigos que, caso de morderen no anzol, ficarían sen nada se non se percibiren do sarillo. Cousas que ten a "lexislación" destes días lúdicos en que a brincadeira ocupa (ou ocupaba) o espazo central.   Acerca disto e doutros días semellantes é que falo no artigo de hoxe no Diario de Ferrol. As bromas ou mentiras poden ser máis ou menos piadosas e até hai quen as gaste de maneira demasiado pesada. Ora ben, en tales días, quen cae na celada, ten o deber de apandar co que lle veña encima, pois o costume vén ditaminado dese xeito.      

"Os Cazadores", unha miga da nosa historia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/cazadores-miga-da-nosa-historia/20171213235232210936.html No artigo para o Diario de Ferrol do día 14 de decembro quixen facer un pequeno esbozo sobre a historia do querido mesón-museo "Cazadores" da nosa cidade (Ferrol). Teño para min, gardo esa Os poetas Oroza e Karlotty estraña sensación de que aínda nunca se lle fixo xustiza, de que talvez o teñamos un bocadiño esquecido. Así pois, animo desde aquí a que haxa quen queira indagar no perfil histórico do noso entrañábel local, infelizmente fechado desde esta primavera. 

Revista "Elipse nº12"

https://circuloedicoes.blogspot.com.es/p/revista.html Compraz-me mais uma vez poder pendurar cá informações sobre este novo número da Elipse do Círculo Edições. Ora, apenas um pequenino relato da nossa autoria, se calhar um jogo literário que vocês podem julgar. Intitula-se A Companha .

Ferrol surrealista

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ferrol-surrealista/20171129223455209822.html Ferrol, esa espiña cravada no máis fondo. A miña amadodiada cidade, velaquí está de novo. En todo estás e ti es todo. Ferrol é, unha vez máis, motivo das nosas coitas. Sempre haberá, no entanto, algunha luz que alume alá no cabo do túnel. Eis, pois, o meu artigo nesta ocasión para o Diario de Ferrol .