Saltar ao contido principal

A fronteira en Saramago

Autor ben querido, sobre José Saramago non habemos de facer cuestión acerca da calidade literaria que a súa obra atesoura. O lector escollerá a súa preferencia, sen lugar a dúbidas, pois a produción é o suficientemente vasta como para ter onde facelo. Quer o Memorial do convento, quer a História do cerco de Lisboa, quer A jangada de pedra, quer A caverna, quer O ano da morte de Ricardo Reis, quer O envangelho segundo Jesus Cristo... todas as súas novelas fan parte do universo totalizador en que o alentexano nos quixo inmiscir para reflexionar sobre as virtudes, pero tamén sobre os enormes defectos do ser humano. Porque, ante todo, Saramago era (ségueo a ser) un filósofo e un humanista. A Saramago dóelle o home en toda a súa magnitude.

Onte Xavier Alcalá, na súa colaboración 'A voo de tecla' (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/07/22/portunol-saramago/0003_201407G22P19997.htm) de La Voz de Galicia, incidía sobre un aspecto puramente formal, sociolingüístico máis concretamente a respecto de José Saramago. A nosa percepción, desde xa había algún tempo, tamén era algo semellante. En O homem duplicado fixeramos as nosas anotacións acerca, sobre todo, dos tempos verbais empregados. Chama a atención a profusión de tempos verbais compostos tomando como auxiliar o verbo haver e non o ter (havia esquecido, havia alvitrado, havia dito..., haver sido, haver perdido...). Certo é que as gramáticas do portugués continúan a aceptar os verbos compostos con haver, mais o certo é que a consideración que estas formas teñen é a de seren arcaísmos. É o verbo ter o que hoxe por hoxe cobre ese espazo.

Sen dúbida ningunha, vivir en España durante ben anos, así como a convivencia cunha esposa española tería a ver bastante neste influxo ou proceso de diglosización a que alude Xavier Alcalá. Fose ou non propositado este tipo de escollas, non é menos certo que José Saramago ten manifestado en varias ocasións o emprego mesmo de modalidades agalegadas, detectadas noutras novelas, tal é o caso de lóstrego ou de apagón, nunha sorte de complicidade co lector. O noso paisano, Torrente Ballester, facía tamén uso e case abuso dun agalegamento e aferrolanamento na súa escrita bastante de notar que en nada desmerecía a súa calidade literaria.

Fique aquí esta mínima reflexión.
    

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Galicia infinda , Sal

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html Novoa Santos por Maside No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban. Debuxo de Bello Piñeiro para o orixinal "A Santa Compaña", de Novoa Santos