Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Colaboracións no Diario de

Gran Canaria, nun dos arquipélagos da Macaronesia

  A illa de #grancanaria é moito máis que un simple destino turístico, é tamén terra con singularidades históricas, sociais e xeográficas ben interesantes. Os #sitiosarqueolóxicos son un bo exemplo, presentes por todo o seu territorio. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 30 de agosto.

Dúas curiosidades toponímicas: Venela e Beque

  Estes dous #topónimos , singulares sen dúbida, levábanme roldando pola cabeza desde hai tempo. As hipóteses e as analoxías son con frecuencia nutrientes básicos e lóxicos desta disciplina filolóxica. Velaquí, pois, estes dous topónimos extraídos de terras ártabras que poño ao voso dispor. No meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 21 de xuño.

Acerca do Ferrol máis antigo: Ferrol Vello

  O  #PazodaMercé  ou  #PazodosBermúdez  en  #FerrolVello  pasou a mellor vida na década dos 40 do pasado século. A agonía do barrio, orixe primixenia da actual cidade, tenta mudar por un lento rexurdir. Un itinerario desde a  #PrazaVella , pasando por  #Curuxeiras  e  #SanFrancisco , fálanos dunha vigorosa e xenuína poboación, habitada por persoeiros de renome. No meu  #termardoleme  do  #DiariodeFerrol  do domingo 15 de febreiro.  

O outro Mago Merlín de Mondoñedo

A terra máxica de #Mondoñedo acolleu a marabilla doutro #Merlín , #Manolo Montero, firme valedor da personaxe cunqueirana. Do extraordinario do seu territorio e das xentes que o habitan vai o meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 18 de xaneiro.

Peculiaridades nas cantigas de noso

  Seguindo a senda do noso cancioneiro popular e desas bravas mulleres de Malpica, Cerceda e Muxía a quen van dedicadas as Letras deste ano, o meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 25 de maio abunda noutros aspectos diferentes aos abordados no artigo do 17 de Maio.