Saltar ao contido principal

Publicacións

PEDRAIO: SORTE DE TRANSUBSTANCIACIÓN ILUSTRADA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/enrique-dacosta/pedraio-sorte-transubstanciacion-ilustrada/20160714004335160183.html Pedraio e Risco (sentados no centro) con membros do SEG (1928) Sempre é un pracer poder regresar a Don Ramón. O de Trasalba, co seu estilo inconfundíbel, sorpréndenos máis unha vez. Agora, unha vez lidos O mesón dos ermos (1936), a última narración de antes da Guerra, e Las palmas del convento (1941), a primeira novela da posguerra. O seu inmenso caudal léxico, o xogo fértil de metáforas e símiles, a capacidade relacional, o seu profundísimo saber histórico, prenden no lector de maneira poderosa. Ándanse camiños trillados e outros non tanto; mais, en calquera caso, continúa a ser Ramón Otero Pedraio, un dos grandes da nosa literatura contemporánea. Eis o artigo deste día 14 de xullo de 2016. 

Da orfandade europea e outras imposturas

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/da-orfandade-europea-outras-imposturas/20160630010107158910.html Tres feitos, acho que o suficientemente relevantes, teñen motivado o noso artigo do Diario de Ferrol desta semana. A saber: o Brexit, a medíocre participación española na Eurocopa (salientamos a hipocrisía a respecto do caso de Gea) e o estupor producido tras o resultado das eleccións xerais .

ANDAR COA MOSCA DO TTIP

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/andar-coa-mosca-do-ttip/20160616004003157546.HTML A democracia, que dúbida cabe!, está na corda bamba. Síntomas, quer pola perda de valores en xustiza, quer sociais, quer laborais..., estannos a conducir a un suposto estado ao cal parece nos debemos de resignar. Talvez desde a última crise económica é que estea a suceder esta gradual mudanza con tintes claramente antidemocráticos e que tan só ollan para o capital e para as cifras macroeconómicas, custe o que custar en termos humanos. Así pois, esta miña reflexión sobre o TTIP, ese falaz e secreto tratado que xa, de entrada, ha de ser valorado en termos autoritarios, tal e como se ten presentado en sociedade, non pode máis que deixarnos en alerta sobre o que pode acontecer de aquí a ben pouco. A aprobación dos transxénicos (prohibidos na UE), o uso xeneralizado de pesticidas, os seguros privados en prexuízo das pensións públicas, etc. son algún dos casos que se recoll...

Os "povos promíscuos" ou dos caprichos do destino

Mandín (Verín) As terras arraianas de PortuGaliza teñen moito que nos contar. Na raia seca, aí mesmiño, veciños dun e doutro lado viven difusamente nunha realidade ligada a momentos en que o reino de Portugal se tiña conformado, provocando que certas aldeas ficasen nun estraño limbo xurídico-administrativo. Así pois, e movidos por este contexto en que realizamos unha pequena viaxe por estas terras entre o 13 e 15 de maio, grazas a EOI de Ferrol, foi a razón que nos levou a escribir este artigo para o DF.   "Dia das Bruxas" en Montalegre http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/povos-promiscuos-caprichos-do-destino/20160602011222156181.html cartaz coa programación do "Dia das Bruxas" Sexta Feira 13, "Dia das Bruxas" (castelo de Montalegre) Chaves río Támega Vidago Vidago

PROXECTO NEO: Proxecto Neo, 160.- Belén Uranga (Hitzargiak)

PROXECTO NEO: Proxecto Neo, 160.- Belén Uranga (Hitzargiak) : CULTURA QUE UNE (II) Foto: Anabela Quelhas Unidade da lingua e familiaridade das falas No programa 160 continuamos forta... Antes de mais, dizer que a fotografia me parece muito gira. Esteticamente, capta muito bem a essência do local, ligado a esse ambiente entre bucólico e barroco. A delicadeza da figura da mulher deitada sobre a tona da água é, simplesmente, magnífica, a harmonia do tanque em que se reflete o palácio. Tenho estado em duas ocasiões no Palácio Mateus e é um lugar ao que gostarei sempre de ir porque eu adoro. Enfim, muitos parabéns a Anabela Quelhas por este trabalho gráfico tão interessante e belo, ao Marco pela sua generosidade, e à Belén Uranga e ao Gabriel Pérez Durán por saberem conduzir com tanto jeito o programa.

"Vieiros de esperanza" para Carvalho Calero

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/vieiros-esperanza-carvalho-calero/20160519003358154667.html Do interesantísimo documental Vieiros de esperanza , de Antón Rodríguez, visto no día 22 de maio no Torrente Ballester de Ferrol, tiramos o presente artigo no Diario de Ferrol. A figura do insigne polígrafo Ricardo Carvalho Calero, a aproximación á súa biografía e obra, serviu para que o xove director nos puidese ofrecer un valiosísimo documento videográfico que ninguén debera perder, caso queira coñecer o perfil do autor e profesor que nacera, en 1910, na rúa San Francisco do barrio de Ferrol Vello.    Antón Rodríguez, director do documental

Bem Falado - O galego do Eu-Návia