Saltar ao contido principal

Publicacións

Maneiras de facer contas coa historia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/maneiras-facer-contas-coa-historia/20160921234927166652.html Brunhilde Pomsel Adolf Hitler coa familia Goebbels O 22 de setembro, no Diario de Ferrol, publiquei "Maneiras de facer contas coa historia". Nazismo e fascismo franquista postos fronte a fronte, vistos desde hoxe en día e a xulgar polos exemplos que a historia máis actual, a que aínda estamos a construír, nos vai dando. Xeneral Franco

Ai, Sálvora...!

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ai-salvora/20160907221053165298.html antiga fábrica de salga e estatua da serea dos Mariños O 8 de setembro publicabamos este artigo no DF a raíz dunha excursión realizada á illa de Sálvora. Un ben interesante periplo, contemplado dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e que lles recomendo vivamente. A illa, de pequenas dimensións, garda moito encanto. O remedo de pazo que existe fronte ao peirao por onde se desembarca, a aldea abandonada, a fonte, o faro, a paisaxe en xeral... todo goza dun grande atractivo, alén da navegación entre bateas, ben curiosa, acompañada de golfiños.  A quen poida interesar,  aquí lles deixo con este artigo.    bateas na ría de Arousa hórreos na aldea de Sálvora antiga taberna convertida en capela lavadoiro vello tractor enferruxando panorámica xeral: fábrica de salga (pazo), taberna (capela) e serea

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Ramón Nicolás: novelista con oficio

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ramon-nicolas-novelista-oficio/20160811005159162721.html No pasaso 11 de agosto publicabamos este artigo no Diario de Ferrol. A chegada ao mundo da narrativa longa dunha persoa que leva traballando en prol da literatura galega desde hai vinte e cinco anos, mais desde o campo da crítica literaria, non deixa de ser   un feito ben singular. Ramón Nicolás preséntanos con valentía esta novela que non nos ha de deixar indiferentes e que o animará, xulgamos, a transitar con máis frecuencia nestoutro lado da literatura: o da creación. 

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html Novoa Santos por Maside No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban. Debuxo de Bello Piñeiro para o orixinal "A Santa Compaña", de Novoa Santos

PEDRAIO: SORTE DE TRANSUBSTANCIACIÓN ILUSTRADA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/enrique-dacosta/pedraio-sorte-transubstanciacion-ilustrada/20160714004335160183.html Pedraio e Risco (sentados no centro) con membros do SEG (1928) Sempre é un pracer poder regresar a Don Ramón. O de Trasalba, co seu estilo inconfundíbel, sorpréndenos máis unha vez. Agora, unha vez lidos O mesón dos ermos (1936), a última narración de antes da Guerra, e Las palmas del convento (1941), a primeira novela da posguerra. O seu inmenso caudal léxico, o xogo fértil de metáforas e símiles, a capacidade relacional, o seu profundísimo saber histórico, prenden no lector de maneira poderosa. Ándanse camiños trillados e outros non tanto; mais, en calquera caso, continúa a ser Ramón Otero Pedraio, un dos grandes da nosa literatura contemporánea. Eis o artigo deste día 14 de xullo de 2016. 

Da orfandade europea e outras imposturas

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/da-orfandade-europea-outras-imposturas/20160630010107158910.html Tres feitos, acho que o suficientemente relevantes, teñen motivado o noso artigo do Diario de Ferrol desta semana. A saber: o Brexit, a medíocre participación española na Eurocopa (salientamos a hipocrisía a respecto do caso de Gea) e o estupor producido tras o resultado das eleccións xerais .