Saltar ao contido principal

Publicacións

15 de abril e o Ferrol nacionalista

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/15-abril-ferrol-nacionalista/20170420013946187085.html O papel de Ferrol dentro do nacionalismo galego foi relevante, a pesar de se ter por unha parcela pouco coñecida dentro do activismo da nosa cidade. Aquí vos fica unha explicación acerca das Irmandades da Fala en Ferrol e o eco que tivo no seu momento. Sen ningún xénero de dúbidas, deberiamos seguir fomentando e incentivando este tipo de iniciativas, como as dos "roteiros": unha fantástica maneira de dignificar e de nos sentir orgullosos polo que é de noso.

"O Planeta dos Simios" no berce da nosa civilización

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/planeta-simios-no-berce-da-nosa-civilizacion/20170404232010185499.html Eis a miña reflexión acerca da recente conferencia dada polo profesor Juan Luis Montero Fenollós sobre a destrución do patrimonio arqueolóxico en Siria e iraq, sen deixar de observar, claro está, todo o regueiro de sanque e morte que a guerra leva provocando desde 2011.

Buster Keaton e "Sherlock Holmes Jr." con sorpresa

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/buster-keaton-sherlock-holmes-jr-sorpresa/20170322214009184200.html No pasado 23 de marzo escribiamos para o Diario de Ferrol este novo artigo. So o título de "Buster Keaton e Sherlock Holmes Jr. con sorpresa", falabamos da proposta feita polo pianista Jordi Sabatés para este proxecto, cuxos acordes enfeitizaron o salón do teatro Jofre, dando ritmo musical ao filme silente Sherlock Holmes Jr. (1924) do extraordinario Buster Keaton. Tratouse do segundo dos filmes do ciclo de cineconcertos que a editora Edicións Embora está a realizar desde o pasado febreiro no citado teatro ferrolán. Eis a miña reflexión sobre dito acontecemento. 

Possessão

https://youtu.be/ZNaG8clMsZE

Marcas na pel da cidade

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/marcas-pel-da-cidade/20170308224926182906.html letras do Foro de Xuvia sobre o lintel dunha casa Na quinta feira, 9 de marzo, no noso artigo habitual para o Diario de Ferrol falabamos sobre un asunto, cando menos, curioso. Estámonos a referir ás marcas, pegadas, indicios, vestixios... que podemos lápida no pavimento achar en diferentes partes da cidade (beirarrúas, paredes, linteis, etc.), do moito que están a dialogar connosco —do punto de vista histórico, social...—, e o pouco que reparamos neles. Para quen sinta dita curiosidade, aquí vos deixo co citado artigo.  marco da Estrada Alta do Porto marca na beirarrúa S.Francisco (1) marca na beirarrúa S.Francisco (2) tampa de sumidoiro co escudo de Barcelona na cidade de Ferrol logotipo da vella fábrica de lapis Hispania vestixios do antigo hospicio

Berlín. Sinfonía dunha cidade

http://www.diariodeferrol.com/opinion/autor/000055/henrique-dacosta No Diario de Ferrol do 23 de febreiro escribín acerca dun precioso filme silente, de 1927, "Berlín. Sinfonía dunha grande cidade". O 11 deste mesmo mes inaugurábase no teatro Jofre de Ferrol un ciclo de cineconcertos, xustamente con esta fita cinematográfica. Ao vivo, e amenizándoo, o grupo de jazz-rock Pegasus. Unha gozada. Velaquí a miña reflexión. 

Curiosidades e labirintos

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/curiosidades-labirintos/20170208213848180083.html monte Pindo O día 9 de febreiro publicamos no Diario de Ferrol unha pequena reflexión, a modo de xogo, sobre o remoto pasado das linguas e a ansia que de vello existiu de querelas emparentar coa mesmísima Biblia. En paralelo a isto, quixemos estabelecer comparacións entre certos topónimos ( Ares , Atios , Fene , Pindo ), os cales gardan aparencias externas con pobos, para nós, de alta estima e glorioso pasado, co ánimo de seguir a xogar con sonoridades clásicas que, na verdade, son soamente produto do acaso.  Ares