Saltar ao contido principal

Publicacións

Aprendizaxe etnolingüística dunha conversa casual

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/11/13/nordesia.pdf O mundo do pan, todo aquilo que ten a ver co cultivo, seitura, malla, moaxe e cocción do cereal, pode ser para os urbanitas e o homo tecnologicus de hoxe non máis que unha estampa bucólica de remotísimos tempos, pretéritos xa que logo. E algo de razón non lles falta —aos que así pensen—, mais errarán nun sentido, no feito de que tan só é unha xeración a que nos separa deses homes que practicaban tales afaceres no rural.  Diso trata o artigo do día 4 de novembro do Diario de Ferrol. Meu pai, un home de noventa e dous anos, foi quen me forneceu dita conversa. Interesante e fértil conversa que achegou, de certo, unha moi bonita estampa e, alén diso, un material impagábel, acho que digno dun etnógrafo. Aínda que do punto de vista lingüístico, non creo que sexa tampouco unha información  desdeñábel.  Eila,  por tanto, para quen goste destas curiosidades que falan de nós, ora c...

O máis fermoso dos altruísmos

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/10/22/nordesia.pdf O día 21 de outubro, nas páxinas do suplemento Nordesía do DF, publiquei o presente artigo en que quixen mostrar a miña admiración polo acto altruísta, tremendamente xeneroso, da doazón de órganos. Dar vida despois da vida...   

Desvalorización do Diario Cultural da Radio Galega

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/10/07/Nordesia.pdf O domingo 7 de outubro, desde as páxinas do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol, xulguei conveniente contibuír, sumar a miña voz, a modo de protesta ao feito de ter desaparecido o programa "Diario Cultural" da Radio Galega, dirixido por Ana Romaní desde había 28 anos. O proceso de purga, modificación e de desaparición de programas a que asistimos ultimamente fai necesario unha profunda reflexión acerca do que está a acontecer nos nosos medios públicos, nomeadamente na RTVG. 

A nosa identidade

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/09/25/nordesia.pdf Toni Cantó, deputado de Ciudadanos Antes da falaz intervención do iluminado deputado citadino, TONI CANTÓ, librando o xa lapidario exabrupto  que todos coñecemos  (a desaparición do  castelán  en Galiza) , escribiamos, xustamente, a propósito do amentado tema da NOSA lamentábel situación, desde as páxinas do Nordesía do DF. (No 23 de setembro.) Aquí deixo a ligazón, para quen quixer lelo. 

Da Emilia-Romaña á montaña das Marcas

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/09/17/Nordesia.pdf Panorámica de Urbino O domingo 16 de setembro, no suplemento Nordesía do DF, escribín a segunda parte (prometida) sobre un periplo feito por Italia. Se na primeira (xa no blog) fora Boloña, agora tocou a Emilia-Romaña, a rexión das Marcas e algo de Umbría. Aquí o deixo, caso queira alguén dar unha vista de ollos. Sant'Apollinare Nuovo, Rávena Palazzo dei diamanti, Ferrara Castello d'Este, Ferrara

Intensa Boloña, bela e vermella

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/08/26/nordesia.pdf No último domingo de agosto de 2018, o meu artigo do suplemento do DF, Nordesía, versou sobre a bonita e interesantísima Boloña. Acho que é  unha cidade moi recomendábel, desde moitos puntos de vista. Aquí volo deixo.

James Rhodes e o Día das Letras Galegas

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/07/15/nordesia.pdf James Rhodes No domingo 15 de xullo, no suplemento Nordesía do DF, o concertista James Rhodes foi protagonista do noso artigo xunto cos candidatos ao Día das Letras Galegas de 2019. Ambos os motivos, en aparencia inconexos, acaban finalmente por confluír. Aquí volo deixo.                                                                                                Ricardo Carvalho Calero