Saltar ao contido principal

Publicacións

Unha visita a Oia e o seu mosteiro

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/10/20/FERROL%2020-10-2019.pdf?fbclid=IwAR01Aqja-0TxNC30W3xc6n8lYDsErhxA8IV5cl2e82VEz4gsosP2bpjun7M Unha visita a Oia ben merece a pena. Unha viliña acolledora, co seu barrio medieval do Arrabalde, un mosteiro cunha fascinante historia por nos contar —de cenobio cisterciense a campo de concentración—, ademais das actividades culturais que nel se celebran durante o outono, e as paisaxes, o turismo termal, a gastronomía, etc. 

Tarrafal. O campo de concentración

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/10/07/nordesia.pdf O campo de concentración do Tarafal foi unha realidade no Cabo Verde colonial salazarista. Houbo tamén campos de concentración na España franquista. Nos finais do séc.XIX xorde o concepto "campo de concentración", unha triste realidade que, a pesar de todo, dera inicio no séc.XVIII en Polonia.  Disto falo no meu "Termar do leme" do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol do 6 de outubro. A escusa, a exposición "Tarrafal. Nunca mais", celebrada entre outubro de 2018 e marzo de 2019 no Museu do Aljube de Lisboa.   

A Casa do Humor e a Sátira de Gabrovo

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/09/22/nordes%C3%ADa%2022-09-2019.pdf?fbclid=IwAR3PcbOwe7CtANeQzmA4QriRu9eUfBFCStNkq9ewKsM-ANViegh8o7_dmVM No meu "Termar do Leme" do suplemento do DF do 22 de setembro, falei sobre a Casa do Humor e da Sátira de Gabrovo (Bulgaria). Un erro do xornal, que non meu, alterou o inicio do texto. Do <<No mes de agosto pasado...>> orixinal pasouse a un espurio <<* Ao mes de agosto pasado...>>. Á par de que Gabrovo foi o detonante, cumpría falar tamén do noso Museo do Humor de Fene, de forma que ambas as institucións serviron de motivo ao meu artigo. Así mesmo, era obrigado que nos referísemos ao noso humor particular, á súa peculiaridade, e tal fixemos.       

"Sul. Viagens", de Miguel Sousa Tavares

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/09/08/nordes%C3%ADa%2008-09-2019.pdf Miguel Sousa Tavares e o seu libro Sul. Viagens , son o motivo do artigo do Nordesía, do meu "Termar do Leme", do primeiro domingo de setembro. Controvertido el até a medula, non deixa de ter interese a súa obra. Detéñome, sobre todo, neste volume de viaxes, suxestivo, poético, sedutor, saudoso... Neste mesmo blog temos xa falado acerca dunha novela da súa autoría, Equador , un supervendas, alén dunha exitosa telenovela, pois foi levada ás pantallas da televisión.

Sorprendente Bulgaria

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/08/25/nordes%C3%ADa%2024-08-2019.pdf mosteiro de Rila No DF do domingo 25 de agosto, no suplemento Nordesía, Bulgaria protagoniza as liñas do meu artigo. Un país altamente recomendábel, por paisaxes, arte, cultura, gastronomía, etc., que aínda o turismo masivo non corrompeu. Callado de verdor e montañas, tampouco resta interese unha visita ao mar Negro. Igrexas e mosteiros ortodoxos, mesquitas e sinagogas, arte Secesión e modernista, racionalismo socialista, tranvías, boulevares arborados, alamedas e prazas axardinadas, vilas empoleiradas sobre outeiros por cima de ríos, etc. todo isto é Bulgaria.    igrexa dos Patriarcas, Tzerevets, en Veliko Tarnovo casas da cidade vella de Plovdiv domus romana en Plovdiv Plovdiv Capital Europea da Cultura 2019 xardíns do Museo da Arte Socilaista (Sofia)

Memoria do barrio alto de Ferrol

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/08/11/nordes%C3%ADa%2011-08-2019.pdf Velaquí vos deixo unha lectura de "Memoria histórica do barrio de Canido", editado por Edicións Embora. Escribino para o Nordesía, do DF, no domingo 11 de agosto. Fago un repaso a cada unha das achegas dos diferentes autores e detéñome nalgún aspecto máis, non en van estase a falar do meu barrio. E, casualidades da vida, o amigo Vicente Araguas, fai unha interesante recensión sobre este mesmo libro na páxina 32.

Emiliano Balás e os seus poemas ignorados

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/07/28/nordes%C3%ADa%2028-07-2019.pdf Emiliano Balás O ferrolán Emiliano Balás, médico sen convicción, pintor e escritor bilingüe como poeta e ensaísta e , como dramaturgo, só en lingua galega, foi un epígono, segundo clasificación do noso Ricardo Carvalho Calero. Quérese dicir, representa unha xeración posterior ao Rexurdimento, herdeira deste e, por conseguinte, nada anovador canto ás súas propostas. E, pese a todo, forma parte desa nómina de escritores que serviron para afianzar e normalizar o noso canon literario. No noso artigo referímonos igualmente aos seus poemas menos coñecidos.  O Coro "Toxos e Froles" a principios do séc.XX