Saltar ao contido principal

Publicacións

Unha estación de tren libraría

https://idealgallego.opennemas.com/media/idealgallego/files/2020/01/26/nordesia.pdf O mundo do libro, ao igual que o da materia, transfórmase, ou iso é o que eu quero crer. No meu artigo do 26 de xaneiro, na sección Termar do Leme do suplemento Nordesía (DF), escribín acerca da estación de tren libraría de Alnwick, no norte de Inglaterra, e sobre algunha cousa máis. 

Nós Diario, indios apaches e linguas retorrománicas

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/01/13/nordesia%2013-01-2020.pdf Este artigo, primeiro publicado en 2020 no Nordesía do DF, vai de esperanzas. Que é a esperanza? Talvez que naza un xornal integramente en galego. Pouca cousa, dirán moitos, mais un paso de xigante neste edificio que estamos a construír (niso seguimos) e non damos erguido con xeito. Sobre os indios apaches e as linguas retorrománicas, xa irán vendo, pois tamén fan parte desa esperanza , vista desde outra dimensión, ora non tan positiva.    

O Baleo, unha aproximación ao topónimo

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/12/29/nordes%C3%ADa%2029-12-19.pdf Un estraño topónimo, Baleo, que tanto observamos en Pantín (Valdoviño) como en Ladrido (Ortigueira), foi o motivo de onte, 29 de decembro, do meu Termar do Leme do suplemento Nordesía do DF para despedir o ano. Un xogo que, agardo, vos sexa entretido polo menos.

Eça de Queirós e a alteración climática

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/12/15/nordes%C3%ADa%2015-12-2019.pdf O Eça de Queirós tampouco escapa aos efectos da alteración climática. Concomitancias ben actuais achamos entre textos del, de Añón e de Curros, reactualizándose nese infeliz debate ao que asistimos hoxe ao vermos o que está a acontecer co noso Planeta. Diso vai o artigo do 15 de decembro no meu "Termar do Leme" do suplemento Nordesía do DF. 

É tan presente a túa ausencia

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/12/01/nordesia%202-12-2019.pdf   A memoria de meu pai acompañarame sempre, a pesar de que a morte o veu visitar o 20 de novembro pasado. Os seus felices 93 anos ninguén llos puido arrebatar. Bon pai e home xeneroso. De aí esta sorte de longo epitafio con que quixen renderlle esta ben merecida homenaxe.        

Suevos

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/11/17/nordes%C3%ADa%2017-11-2019.pdf?fbclid=IwAR22NZ0RNs8n8n8d6xMqRWXg515KgFizW6Eif4nKE6Rnl8TSiYcLdVMyTLo Porta dos Suabos en Friburgo Suevos/suabos e Suevia/Suabia son motivo e escusa para falar sobre eses xermanos, antepasados nosos. Da afouteza guerreira até Martiño de Dumio, do amplo territorio que ocuparon e dominaron até o actual e reducido Württemberg... Destas e doutras cousas escribo no "Termar do Leme" do suplemento Nordesía (DF) do domingo 17 de novembro. Só espero sexa do voso gusto. 

Contos covicheiros: dunas que falan

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2019/11/03/nordesia.pdf Na miña entrega bisemanal do suplemento Nordesía do DF, "Termar do Leme", diserto sobre asuntos lingüísticos e tamén histórico-arqueolóxicos, co pretexto dun achado nas dunas da praia de Santa Comba, no extremo dos Crebadoiros. Velaquí volo deixo.