Saltar ao contido principal

Publicacións

Peculiaridades nas cantigas de noso

  Seguindo a senda do noso cancioneiro popular e desas bravas mulleres de Malpica, Cerceda e Muxía a quen van dedicadas as Letras deste ano, o meu #termardoleme do #DiariodeFerrol do domingo 25 de maio abunda noutros aspectos diferentes aos abordados no artigo do 17 de Maio.

"Todas las playas de mi vida"

@MaryiMalca atesoura un don reflexivo, mesmo proverbial, un lirismo singular que nos fai mergullar nese mar, océano ou dunar, de Doniños, habitado por seres extraordinarios, esas lib(r)élulas que tanto protagonismo gañan ao longo do texto. Narrativa poética, poesía... que a ninguén deixará indiferente. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #DiariodeFerrol do domingo 11 de maio.  

No Alto da Encrucillada, Ferrol Vello

Curiosidades toponímicas e un Ferrol Vello industrial próspero, hoxe desaparecido, balizan o meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #DiariodeFerrol do domingo 27 de abril. Un roteiro ameno e recomendábel guiado por unha excelente guía turística, Isabel.

O borrado identitario

  A transformación social nas camadas máis novas non deixa de ser preocupante. O desarraigo, o máis absoluto descoñecemento do medio, así como da lingua do país, estannos a converter aos demais en estraños, nunha sorte de forasteiros na nosa propia terra. Fáloo no meu #termardoleme #Nordesía #DiariodeFerrol do domingo 20 de abril.

"A filla de Lucrecia"

Xabier Paz lévanos ao séc. XVI da man de dúas mulleres singulares. O Santo Oficio, a expulsión dos mouriscos, Granada e outras localidades meridionais... testemuñan as súas azarosas vidas. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #DiariodeFerrol do domingo 30 de marzo. Novela publicada por #Belagua .

Saudades de Punta Arnela

  Punta Arnela, bonito topónimo ferrolán en perigo de extinción, tivo moitísimo protagonismo, quer social, quer económico, quer deportivo na cidade. Velaquí unha breve memoria deste pasado. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #DiariodeFerrol do domingo 16 de marzo.

Linguas resucitadas

Pode ser resucitada unha lingua e adquirir status de normalidade? Velaquí algúns exemplos e algunha curiosidade máis. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #DiariodeFerrol do domingo 2 de marzo.